Novembro 25th, 2011

Cinco

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Desde alí ata aquí. Contra todo pronóstico e de xeito non premeditado, que conste…

[A man de arriba é polaca.E  non, non estaba pensando en plaxiar a ningún grupo catalán de makinillo]

Novembro 23rd, 2011

adde adesokan

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Os retratos en tríptico de descoñecidos de Adde Adesokan demostran que ainda se poden facer cousas orixinais e bonitas na rede, non?

Novembro 21st, 2011

Terrorista de John Upkide

Posted by W. Sobchak in Livros
Lin Terrorista do afamado John Updike e quedei daquela maneira. E unha historia amena, pero non me deu máis.
Tiven unha sensación permanente de estar a ler estereotipos mil e unha vez vistos. Se cadra pola sobreexposición que tenho [temos] a produtos audiovisuais daquela beira do atlántico [porque non é que pola minha vila destaque pola sua variedade étnica]]
E por outra banda sorprendeume o pouco directo da súa narrativa, que eu pensaba que era algo típico do anglosaxóns. Pola contra perdese as veces en descricións e adxectivos que frean o avance da historia.
Pero vamos, que estou contente de que se traduzan ao galego autores consagrados da literatura do imperio grande. E poder xulgar por min mesmo
Novembro 11th, 2011

Chinchín por Os da Ría online

Posted by W. Sobchak in Música

Os  da ría, o xa mítico dúo de crooners galego, andan coa súa xira de despedida [tanto talento xunto non podía ser,era visto]
Mais son xenerosos e , coa colaboración da Navalla Suíza, venhen de colgar na rede o concerto inaugural desta despedida na , xa tamén, desaparecida Sala Nasa. Todo un gusto para os nosos sentidos
[BTW se segues o CCCP mais ou menos ao día, mañá 12 de novembro Os da Ría despediranse da xente de Ferrolterra a partires das 19 h no centro social de Doniños, tades avisados]
Novembro 8th, 2011

Gustavo Minas

Posted by W. Sobchak in Fotografía

No flickr de Gustavo Minas podemos dar un paseo polas rúas de Sao Paulo, cunha luz e unhas imaxes un chisco diferentes do que estamos afeitos daquela metropole

Novembro 4th, 2011

Os últimos días de Twin Peaks

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

O ano pasado unha cativa de menos de vinte anos díxome que Twin Peaks envellecera moi mal. Non puiden acreditar así que venho de baixar a primeira temporada para revisitala, e contar coa visión imparcial da minha compañeira de solución habitacional que non a viu. A ver cal é o veredicto.

E mira ti por onde, hoxe atopei por casualidade esta galería coa foto fixa dos últimos días de rodaxe da delirante segunda temporada, cando xa a serie fora oficialmente cancelada.

Outubro 26th, 2011

Luther

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais
Onte vin o primeiro episodio de Luther, e gostei del. Unha aclaración está é unha serie [drama que lle din alí] policiaca da BBC. E disto podemos sacar tirar dúas conclusións.
Por unha banda temos un universo cheo dos arquetipos do xénero. Pero aos afeccionados ao mesmo isto non nos vai molestar, non?
E por outra sabemos que a realización/produción vai ser impecábel. E tanto. As escenas do interrogatorio coa antagonista penso que poderían estar en calquer  manual de montaxe e composición.
E por suposto compre salientar o traballo dun brutal Idris Elba [ a.k.a Stringer Bell], que está inconmensurábel, desprendendo un magnetismo que xa lle gustaría a moitos.
Outubro 24th, 2011

El arte de volar

Posted by W. Sobchak in Livros

Acabo de ler «el arte de volar«.   Unha intensa e emotiva novela gráfica con debuxos de Kim e guión de Antonio Altarriba, quen reconstrúe a vida do seu pai desde o seu nacemento no rural aragonés a comezos do SXX até o seu suicidio noventa anos despois. É unha historia dificil, como a de moita xente que viviu aqueles días. Narrada con forza e lirismo.
A min prestoume moito. Como había tempo que non o facía nengunha banda desenhada. E  coido que é imprescindíbel
Iso si, ainda outro día falaba de que houbo a quen lle resultou tremendamente dura, mesmo mais que Maus. Ainda que evidentemente todo depende da distancia que sexas quen de por coa historia

Aquí tedes unha crítca con mais xeito, e aquí un vídeo con imaxes do libro,  evidentemente con spoilers…

Outubro 24th, 2011

Os Vicky Pollard

Posted by W. Sobchak in Música
Hei de confesar que fican un pouco lonxe das miñas querenzas estilísticas actuais [non sei se por un aquel de salto xeracional, ou meras cuestións estéticas] Mais paréceme unha excelente  noticia a simple existencia dos Vicky Pollard. Unha banda de Brión, que recollen a semente indie/grunge dos anos 90  vinte anos despois.
Descubrinnos pois venhen de facer máis umha [nunca serán dabondo] homenaxe ao Lois Pereiro
Outubro 21st, 2011

Os muros do Alexandre Farto

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Tou a flipar coas cousas bonitas que fai nos muros Alexandro Farto

Outubro 20th, 2011

Frauke Thielkin

Posted by W. Sobchak in Fotografía


Andaban onte a circular pola rede a serie de pais e fillos da  xermana Frauke  Thielkin.
Eu non puiden evitar lembrar os primeiros traballos de Andrea Costas

Outubro 19th, 2011

Rinocerontes fineses

Posted by W. Sobchak in Livros
Fai Carlos Meixide unha interesante crítica de Purga de Sofi Oskanen. O último título da colección contemporánea de Rinoceronte Editora [ esa editorial  marabillosa da que nunca estaremos agradecidos e dabondo, e da que cada galego de ben debería mercar como mínimo un libro]
No CCCP imos facer mención doutro libro finés editado polos de Cangas, mais, nunha nova  aposta pola actualidade máis radical, no canto de falar da última novidade falaremos do primeiro libro que editaron os de Cangas: O bosque dos raposos aforcados de Arto_Paasilinna. E como somos firmes militantes da crítica efémera, apenas diremos que éche un libro recomendábel e divertido. Con un humor cun aquel co de Eduardo Mendoza. Claro que con arrecendo lapón e non mediterráneo
Xa sabedes
Outubro 19th, 2011

40 minutos de Lamatumbá

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais, Música

Por casualidade achei onte este vídeo do concerto que Lamatumbá deu en Xullo do 2010 na Quintana. Son 40 minutos nos que coido que se transmite a enerxía e as sensacións [lumeeee] que se viviron nesa xira dos de Ourense. A gravación é da  a xente de Pixelín [blog]

Outubro 18th, 2011

As poderosas imaxes de Javier Teniente

Posted by W. Sobchak in Fotografía
Mais un fotoxornalista. Pero non un máis. Desta volta Javier Teniente, un da banda de Vigo, que ten un traballo e unha traxectoria profesional abraiante. Paga a pena visitar paseninho a súa Web.
Se cadra, compre salientar o seu proxecto Hijos del  Océano. Ambicioso e poderoso proxecto ao redor das cousas do mar [ das que si se poden contar na terra]. Non podemos deixar de mencionalo aquí no CCCP, xa que  gostamos moito dos proxectos mariñeiros ao estilo do Corey Arnold e co espírito do Capetón [por certo que seica Xurxo Souto anda a traballar nun novo libro sobre os mariñeiros galegos, xa nos tarda]
Seica a fundación do banco ese, NoCaGa, estivo a  a facer expos deste traballo.  Aínda que xa remataron. Unha nova mostra da vixencia do CCCP como medio de rabeante actualidade…
Outubro 17th, 2011

A última dos Homens [catro fotos]

Posted by W. Sobchak in Música, Wonderful World

Xa contei que fun á última de The homens, pois aqui deixo catro fotiños que tirei por se a alguén lle interesean

1, 2, 3 e 4, alehop!

Páxina seguinte » Olark Livehelp

Creative Commons License
O CCCP é um blogue
Creative Commons.