CCCP

Novembro 24th, 2006

Los Iribarnes + Samesugas + The Homens

Posted by W. Sobchak in Música

hakin.jpg
Tou obrigado a começar o blog com um comentario de este poderoso evento, ainda que ja pasou tempo dende a sua celbraçom. Para min foi expectacular poder asistir na minha cidade a um concerto de tres grupos galegos de tanta qualidade e com a sala chea. Repasemos banda por banda:
Los Iribarnes: O proxecto do que máis gosto do ubicuo Sr Anido. Penso que muita culpa desto é pola guitarra do Seve que ofrece coerencia aos temas dun xeito poderoso e interesante (e ruidoso). Este som uns rapaces intelixentes e tenhen publicada a súa maqueta com licença Creative Comons. Grazas a esto eu ja conhecia parte do seu repertorio e desfrutei com a canha que ofrecen no seu directo.
Samesugas: Expectaculares, concisos e contundentes. E nada máis que dizer. Levan muitos anos e son bons. Presentaron o repertorio do seu novo album (mágoa de CC) e forom como umha apisonadora que nom deixou indiferente a ninguem. Rematarom com “Edu o Rápido” que ja é um clásico e que a min sempre me lembra aos The Damned dos 70
The Homens: Nom era o melhor momento (depois do volume brutal de Alberte&company) nem o melhor lugar ( a acustica da Nasa e um pouco dura…) pero os abandeirados do Power Pop galego nom defraudaron os seus seguidores ( por certo, muitos e novos) e demostraron porque son a banda máis interesenta do último ano na Galiza.

En definitva umha gran velada de rock galego da que devía dar fe.
God save the Galiza´s Rock!

(foto extraída de ao vivo!!)

2 Responses to ' Los Iribarnes + Samesugas + The Homens '

Subscribe to comments with RSS

  1. Seve Iribarne said,
    on Decembro 12th, 2006 at 6:43 p.m.

    Graciñas! (pola parte que me toca!)
    Efectiviguonder, e unha magoa que non se repita mais a cotío…

  2. on Novembro 25th, 2009 at 4:09 p.m.

    […] nestas datas hai tres anos que inauguraba este pantano con un post sobre un bonito concerto. A día de hoxe o CCCP xa se converteu numha teima persoal. E tendo en conta o obsesivo que é W. […]

Sorry, the comment form is closed at this time.