Time

Kim Ki Duk gosta dos personagens perturbados e Time nom é umha excepçom. E bem certo que sem chegar as limites de dor física de Seom nem a autodestrucçom psiquica de Samaritan Girl. Nesta ocassiom mostra a unha mulher ciumenta e obsesiva que por medo a perder o amor do seu companheiro reconstrue a su cara mediante cirugia estética. A partir de aí o diretor coreano leva aos protagonistas ao limite das suas emoçons raiando coa tolemia (algo habitual na sua obra).
O argumento tem muito potencial, pero o ritmo do filme fixose-me extremadamente lento, e iso que um ja iva predisposto a ver cinema oriental… Retorcinme muitissimo na butaca mentres estaba a agardar o fim E nom fum o único, a minha companheira de butaca (tremendamente cinéfila) non parou de dicer a palavra “tedio”.
Por outra banda debo de reconhecer que Kim ki Duk é capaz de filmar imagens mui fermosas, e asemade o filme tem umha estructura circular da que gostei de vez.
De todo-los xeitos, este é o meu ponto de vista, hai xente muito ilustrada que di que “é um filme para quem gosta de cinema e sente a necessidade urgente de entendê-lo.” Debe ser que eu nom dou para mais
O que si ta bonito é o cartaz, ou nom?

ola david, q tal!!! pois sip, como aludida sigo reafirmandome no meu comentario : TEDIO ABSOLUTO. joder, concordo contigo en que o mellor da peli é o cartel. e vale si, a fotografía está ben cuidada pero amig@s, é que o cinema non só pode quedarse na estética, e para min esta peli peca diso. eu quero historias!!!!!! por exemplo, en Bad Lands de Terrence Malick tes unha fotografía que te cagas polas bragas pero hai historia e tes toda a chicha dunha relacion entre dous adolescentes e o seu declive, que dá moito de sí. ou The Straight Story, sí, hay foto pero tamén chicha. Queremos chicha, señores directores!!!!! anque isto supoño que non chegará aos oídos do sofisticado Kim- Ki- Duk.
Un bico David!!!
Boas rapaça!
podíamos ver de mandarlhe un mail o amigo Kim, máis nom sei como traduzir “chicha” ao inglés e muito menos ao coreano…
Apertas poderosas oh, que os invernos en Springfield son duros!