Xaneiro 2nd, 2007
O cervo na torre
Posted by
W. Sobchak in
Livros

Venho der ler O cervo na torre de Dario Xohan Cabana. Agora que gente máis lida inicia um debate sobre novas geraçons literarias, nom podo evitar as comparanzas ente este livro que foi o premio Xerais do ano 1994 , e Tres segundos de memoria, que foi o último. Sem dubida pouco tenhem que ver o um co outro, nem no estilo nem na temática.
Falando de temática, esta obra reune numha historia boa parte do imaginario colectivo dum sector do nacionalismo galego co que tropecei na facultade. Extranhame muito que este nom fora o seu livro de cabeçeira. Será porque Cabana é de estes e nom de aqueles.
