marzo 22nd, 2007

Reintegracionismo…

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

reintegrata.png
Rescato este genial desenho dos aduaneiros forçado por um par de acontecimentos da actualidade.

O primeiro é a triste actuaçom do presidente da Xunta no Brasil da que ja falou Fer. Falou bem e eu notengonadamasquedecir que diría o outro. Por certo que estou a agardar pola protesta dos empresarios vigueses, reconhecidos reintegracionistas

Por outra banda está este interessante artículo recem publicado sobre o reintegracionismo. O meu introductor nesta “corrente” (Wikipedia sic) sempre di Estraviz Forever!, referíndose ao dicionario. Mas eu agora engado Estraviz forerver! tambem no referido ao seu ideario. Fiquei gratamente sorprendido de ver reflectidas nas suas opinions muitas das minhas convicçons como (vam em galego fechado tal qual no artículo):
-”Coa actual normativa, estamos escribindo para os galegos que aprenderon o idioma na escola. Coa reintegracionista, estariamos escribindo para os 200 e pico millóns de persoas que falan a nosa lingua no mundo”
-”O modelo de referencia para os galegos sería o a lingua do norte de Portugal, non a de Lisboa. Temos a mesma cultura.”

Da que pensar.. ou nom?

Um par de aclaraçons para umha melhor compressom de este post:
1-W. Sobchak é um ser capaz de comunicarse com exito em tres linguas distintas, mas ao escrever costuma destrozar a ortografía das tres .
2- O CCCP tem a seguinte doctrina: que cada um escreva/fale no que lhe pete! ou como algumha dixo Besbelinha, dun jeito muito mais fermoso, “conforme á normativa vixente na súa cabeza”

15 Responses to ' Reintegracionismo… '

Subscribe to comments with RSS

  1. Fritanga said,
    on marzo 22nd, 2007 at 6:15 pm

    Estou dacordo con vostede. Eu non foi a escola nin aprendín o galego. Son só un galegoescribente que aprendeuno lendo a Suso de Toro. Así me vai

  2. besbe said,
    on marzo 22nd, 2007 at 10:37 pm

    Eu o que comecei falando foi un castrapo chulismo e aínda sigo igual, anque depurándoo cada vez máis. Na escola ensináronme a escribilo o cal contribuiu a decatarme e a descubrirme a lingua máis bonita que temos. Agora…agora si me gustaría escribir para 200 millóns e pico de persoas, estou en progreso…anque teño medo a destrozar tamén a ortografía.

    Así que polo de agora sigo co que teño na cabeza, que se non muda nin se destrúe, un día hase de transformar. Pero todo con paciencia que che son moi lentiña.

    Bicos :)

  3. Mario said,
    on marzo 23rd, 2007 at 8:34 am

    Eu creo que non é o isolacionismo (vamos, eu non noto nada), senón a estupidez. O de Touriño (alias Torito) é un acto de estupidez notoria, unha cousa é debatir a identidade ou semellanza da lingua que falamos e outra inventar paranoias segundo a cal galego e portugués son tan semellantes como checoslovaco e o malaio. O peor da norma oficial é sen dúbida o intradiscurso político antiluso para o que é empregada.

  4. W. Sobchak said,
    on marzo 23rd, 2007 at 12:37 pm

    Mario concordo em que mexturar política e lingüistica é umha abrerraçom. O problema da clase política deste estado é que tem que meter os fuzinhos em todo.

    Besbe: Cada um deve escrever no que este comodo. Eu optei por politica de feitos consumados e ir aprendendo no día a día. Espiritu Kamikaze que tenho…

    Fritanga: Seica voçe com Suso de Toro, asemade do galego, aprendeu a retranca, que mexturada co “graciejo” andaluz forma um cocktail explosivo

    O de escrever para a gente que estudou na escola coido que é algo fundamental. Todos temos ouvido aos nosos maiores, os que falam o galego real (com sete vocais e lexico de seu), que nom sabem “ler em galego”. A esta gente teríalhe dado igoal se se tiver escolhido outrra ortografía alternativa a do ILGA. O malo é agora que levamos vinte e tantos anos com ILGA-RAG na escola.

  5. odemo said,
    on marzo 23rd, 2007 at 3:06 pm

    “El gallego y el portugués no son la misma lengua porque el gallego tiene Ñ y LL y el portugués no” :roll:

    “Argumento” verídico recolhido por algumha conversa internet adiante com mais dum individuo, por engador algo no debate ;)

  6. Eu said,
    on marzo 23rd, 2007 at 4:24 pm

    Pois nada, que esa imaxe que abre a entrada vai provocar a caída de CCCP do meu lector de feeds. Unha mágoa, parecíame interesante.
    Só engadir que eu falo o galego que me ensinaron os meus bisavós, avós e pais galegofalantes tamén de berce, e me parece mesmo ofensivo ese enxeño autoxenreiresco que despregan algúns moderniños máis pendentes de como outros falan noutra punta do mundo que nas súas casas. Só hai que coller un par de textos dalgún reintegracionista de referencia para achar dúas ducias de expresións portuguesas metidas con calzador, que nin eles mesmos utilizarían en conversa e que os nosos vellos nunca entenderían.
    Dicide o que queirades, pero iso non é defender o galego, iso é defender algo moi diferente. E presión de idiomas alleos xa tivemos abonda.
    Por outra parte, se ben absolutamente todo é discutíbel, non consintirei a utilización do vil insulto para tratar de humillar aos que somos tan “anticuados” que queremos manter a lingua dos nosos avós, e que por certo, fomos os que mantivemos vivo o idioma a través dos séculos. Hainos que parecen perder, logo de anos vivindo na cova platoniana, a perspectiva do seu inimigo real, e non sabedes canto o sinto. Adeus CCCP.

  7. besbe said,
    on marzo 23rd, 2007 at 4:39 pm

    Non é por dicir nada malo de ninguén pero eso de non querer saber nada de CCCP por isto, dame que pensar. Eu son isolina, anticuada ou vai ti a saber o que, pero non é cuestión de pecharse a nada e a verdade, resultoume ridículo e algo vergoñento que o Touriño tivese que botar man dun traductor.

    CCCP non merece isto, iso si que me da pena, que haxa resquemores por culpa das grafías.

    W. Sobchak forever sexa como sexa.

  8. Eu tamén said,
    on marzo 23rd, 2007 at 6:11 pm

    É relativamente normal que unha persoa se sinta insultada cando a insultan. De feito está moi ben deixar ben claro quen é benvido nun sitio e quen non. Iso é o mellor da rede, sempre hai máis onde escoller. Xau.

  9. Bacorinho said,
    on marzo 23rd, 2007 at 7:02 pm

    Caralho, ándache a cousa revolta… de tódolos xeitos, o CCCP MANDA!!! ou que?

  10. besbe said,
    on marzo 23rd, 2007 at 7:17 pm

    eu non vin insulto ningún, so unha broma dos aduaneiros neste blogue no que, penso, é benvido todo o mundo.

  11. besbe said,
    on marzo 23rd, 2007 at 7:18 pm

    de feito “O CCCP tem a seguinte doctrina: que cada um escreva/fale no que lhe pete! …”

  12. W. Sobchak said,
    on marzo 24th, 2007 at 1:32 pm

    :shock:
    Tou sorprendido. Nunca rifara com ninguem por motivos lingüisticos (nem o penso fazer agora)
    O meu post nom é ofensivo em absoluto. A imagem coido que é un exemplo típico do humor dos aduaneiros sem fronteiras. Penso que a laboura deles, junto com a da gente da VA-CA,  é do máis saudabel que lhe tem pasado ao ” ambito cultural do nacionalismo galego”. Ainda que cada um tem o seu ponto de vista

    Concordo em que alguns reintegratas empregam “ducias de expresións portuguesas metidas con calzador ” mais tambem penso que o 90% da gente que escreve na norma ILGA-RAG fanno enchendo a sua prosa de castelanismos. É umha escolha persoal. Penso que nom é question de pensar que tería ocurrido se nom se tivera perdido a batalha de Toro no século XV, senom que imos fazer agora no século XXI. Mais considero absurdo comezar umha competiçom sobre quem tem mais pontos no “carné de galeguidade”

    En resumo que cada um tenha liberdade para escrever/ler/falar como e o que lhe pete sem molestar ao do lado.

    Besbe, como dixo umha amiga minha depois de umha noite na Festa do Albarinho em Cambados: “ti es guay!”

    Paz e amor , meus!!!! :razz:

  13. ak77 said,
    on marzo 24th, 2007 at 9:52 pm

    take it easy eu no creo que insultara en ningun momento y respecto al habla cada cual que hable lo que quiera, siempre que se respete no problem.
    los idiomas estan para acercar a las personas no para enfrentarlas.

  14. ak77 said,
    on marzo 24th, 2007 at 9:53 pm

    por certo jodinche a foto do vento espero que nom se tomen medidas represivas por parte do politburo

  15. besbe said,
    on marzo 26th, 2007 at 9:39 pm

    Haberá que ir á festa do Albariño en Cambados na próxima edición, está visto que fomenta a amistade, bicos!!!

Leave a reply

:mrgreen: :neutral: :twisted: :shock: :smile: :???: :cool: :evil: :grin: :oops: :razz: :roll: :wink: :cry: :eek: :lol: :mad: :sad:


Creative Commons License
O CCCP é um blogue
Creative Commons.