Mmmmmmúsica!

Envia-me o moderno de merda um meme: “Elaborar o meu top-five de musica triple x, de cançons pra fazé-lo amor” (documentado com video do youtube )
Por suposto aceito o reto, mais de comezo vou modificar as normas , ja que para estas cousas eu gosto de tomarme o meu tempo e os 3-4 minutos de umha soa peça nom me dam para muito… Assi que aquí vam os meus 5 LP´S.
Lester Young “Le dennier message de Lester Young”
Sem dubida nengunha. Porque o Jazz é sensualidade ( e nom cinco papaostias sentados num teatro con actitude liturgica)E Young e mais o saxo del som um dos cumios desta arte. O tempo, o feeling, a melodía, todo rezuma sensualide, nom hai mais que deixarse asulagar pola atmosfera.
Kerouac ja o sabia…
[o tipo este é tam antiguo que practicamente nom hai videos del]
Otis Redding “The Dock of the Bay “
Seino. Som o tipo menos original do planeta. Mais a musica Soul chamase assi por algo. Junto coa calida voz de Otis… pouco mais hai que engadir
[o disco é postumo assi que o do video está tambem complicado ]
Yann Tiersen “Amelie Soundtrack”
Um seram de primavera ou de verao, os raios de sol a entrar pola janela, esta banda sonora… Umha tarde deliciosa.
Manu Chao: “Clandestino”
Deixade que me explique. Finais dos anos 90. Piso de estudantes. Duzias de K7´s de extremoduro, rock vasco e derivados,clasicos do punk, algo de Ska, pouca cousa mais, …. Os medios tempos e as cadencias de Mr Chao revelaronse como um estupendo fondo para as veladas nas que um conseguía boa companha
Deep Purple: “Made in Japan”
Em concreto a cara A do primeiro vinilo. Um potente arranque com “Highway Star” para momentos de forte apaixonamento ao compas dum ritmo trepidante. O segundo corte “child in time” da o paso a tenrura com um climax espectacular… (Que lhe vou fazer se mi rollo es el rock)
E depois de amossar sem pudor os meus humidos gostos musicais, paso a cadeia a :
Ak77
Bacorinho
JXO3
Circulo de confusao
O porto dos escravos

camarada sobchak já sabe vostede que eu som homem de normativas livres e abertas assim que gosto das suas modificaçons tanto como das suas escolhas musicais, em especial o senhor Redding que é umha das minhas debilidades. um abraço fraternal e graças por continuar com esta cadeia.
pa flipar. sobre todo o de manu chao a finais dos 90. agora entendo iso de “me llaman el desaperecido”
E eu pensando que safaba… Gustoume a diversidade das túas escollas, e concordo plenamente co do jazz (aínda que eu ao Lester non lle collín o punto aínda).
moi bo o de tomar o teu tempo e non 3-4 minutos coma nós
eu quédome con deep purple, que mi rollo tambien es el rock
1.- S.O.A.D.- Know!
2.- LENDAKARIS MUERTOS - Centro comercial
3.- METALLICA - Master of puppets
4.- BETAGARRI - Baldin bada
5.- PARÍS DE NOIA - Galicia, cada día máis linda e máis linda……
apufff…
máis que cancións para facer o amor… son cancións reto para faselo… se es capás de faselo con isto, e que estás incluso namorado/a.
saúde!
A verdade é que, por min, como se está sonando a Mandanga do Fary. Non anda un coma para andan escolhendo a BSO…
Tou de acordo com o Bacorinho,mas eu sempre levo um mp3 com esta mestura porsilás.
O de Manu Chao descolocárame nun comezo
e a Mario, non ías safar, que se non che facía a encarga W. Sobchak facíacha eu 
eu tamén creo que bacorinho leva moita razón pero esqueceuselle
unha balada romántica que toca un solista de springfield, creo que se chama tony,que inda apreta!!!!
Moi boa a selección, aínda que non sei se o de Manu Chao… pero estas cousas funcionan un pouco polo que teñas asociado a elas, en plan conductista, se me permite o Cambote;)
Pode haber calquera dúbida?…. made in Japan!!!, para afrodisíaco a guitarra de Blackmore.