maneje con cuidado!

Esta foto esta tirada em Campeche (Mexico) o pasado verao. Coido que é um cartaz bastante persuasivo!
Depois de todos os mortos que houvo nas estradas a pasada semana está de moda nos meios falar de seguridade vial.Tranquilos que ha de ser algo efemero. De contado estaremos a falar de novo de terrorismo e essas lerias…
Estes días haverá quem lhe bote a culpa aos políticos, quem culpe ao estado das vías ou a meteorología.
Mais resulta evidente que a responsabilidade de nom respeitar as distancias de seguridade (detesto aos anormais que vam pegados ao meu cu!), de superar os limites de velocidade ou de nom empregar o cinto de segurança é dos que conduzem. E se nom aceitamos eso estaremos a cometer um grande acto de hipocresía social.

a min encántame conducir, anque xa digo que o fago fatal, porque ao fin e ao cabo non deixa de ser unha máquina o que levas nas mans e hai que estar ben atentos ao que pasa na estrada. Os que van pegados ao teu cu son os peores…xa vou máis pendente deles que da carretera…do peor, vamos, anque admito que nalgunha ocasión (poucas) teño feito a mesma tontería.
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5625015&lnk=CULPA,PEATONES,ATROPELLOS