
Minha nai tenme contado que cando ela era cativa a morte dum vizinho era todo um acontecemento. A vila enteira pasava pola casa do morto e presentava os seus respetos ao cadaver que xacía na sua cama. Todo entendido como um proceso natural. Para os nenos era umha experiencia expectacular. Daquela, cando non havía playstation…
No mundo do benestar e a beleza hai que esconder à morte. Inventamos uns extranos edificios, semelhantes a sala de espera de um aeroporto chamados Tanatorios. Abofé que som sitios que encaixam perfectamente na categoría de “No lugar“. E ainda que Auge nom os tivera em conta, penso que som o “no lugar” perfecto pois som um lugar de transito… cara nengunha parte.
Este escenario postmoderno convive com a concepcion galega da morte como um acontecemento social. Barulho. Esso é o que define a um tanatorio. Umha marabunta humana a socializarse. Palmadas na espalda, apretons de man, dous bicos protocolarios e artificiais , risas, vozes fortes… E cruzas esa marabunta e escoitas falar de Mclarem, do Milan, de Conde Roa… E no medio de esta jauría, ves de cando en cando a umha persoa a soas com o seu dolor. Um dolor como ningum outro porque acava de perder a umha parte de seu.
Hai algo aquí que nom me acava de cadrar
[falando de foto, hai umha serie bastante famosa de Andres Serrano sobre cadavares, pero sempre me perceu algo desagradabel asi que paso de enlazala. podedes buscala. Eu prefiro as fermosas imagens de Six Feet Under.]