Tanatorios

Minha nai tenme contado que cando ela era cativa a morte dum vizinho era todo um acontecemento. A vila enteira pasava pola casa do morto e presentava os seus respetos ao cadaver que xacía na sua cama. Todo entendido como um proceso natural. Para os nenos era umha experiencia expectacular. Daquela, cando non havía playstation…
No mundo do benestar e a beleza hai que esconder à morte. Inventamos uns extranos edificios, semelhantes a sala de espera de um aeroporto chamados Tanatorios. Abofé que som sitios que encaixam perfectamente na categoría de “No lugar“. E ainda que Auge nom os tivera em conta, penso que som o “no lugar” perfecto pois som um lugar de transito… cara nengunha parte.
Este escenario postmoderno convive com a concepcion galega da morte como um acontecemento social. Barulho. Esso é o que define a um tanatorio. Umha marabunta humana a socializarse. Palmadas na espalda, apretons de man, dous bicos protocolarios e artificiais , risas, vozes fortes… E cruzas esa marabunta e escoitas falar de Mclarem, do Milan, de Conde Roa… E no medio de esta jauría, ves de cando en cando a umha persoa a soas com o seu dolor. Um dolor como ningum outro porque acava de perder a umha parte de seu.
Hai algo aquí que nom me acava de cadrar
[falando de foto, hai umha serie bastante famosa de Andres Serrano sobre cadavares, pero sempre me perceu algo desagradabel asi que paso de enlazala. podedes buscala. Eu prefiro as fermosas imagens de Six Feet Under.]

dou fe do que di a túa nai… alomenos os tanatorios permiten manter a túa casa lonxe do rebumbio e ter algún intre para estar a soas co teu novo baleiro
cambiando (bastante) de tercio, vexo dous faios en 5 palabras, eres un crack!!!
tes que coñecer a marcos para que che conte chistes do estilo:
- When do you pounds?
- I book on Mondays
XDXDXDXD
tamen se pasaba a visitalo finado porque a familia preparaba pintxos e ofreciam umhas cuncas de vinho como agradecemento, mais polo que diran que nas aldeas sonche moi putas, e como nom o fixeras…
o malo destas cousas a maiores da perda e a sensaciom de ser observado e xulgado por xente que nim squera conheces, a cuchichear as tuas costas ou mesmo diante de ti-
-mira ese es el nieto, vaia por dios q lastima, con lo buena q es la familia….- a que cando ti marchas seguen ali, radografando a dor.
sorri esquencinme das fotos da punkgeriatrik
o peinado era sofisticado!
e con 12 anos (non vou dicir cantos anos hai) vivín exactamente o que día a túa nai, no meu pobo as “casas dos mortos” enchíanse (se é que non pasa todavía) de xente día e noite, bebendo, comendo, observando á familia e o que é peor rezando o rosario!
grrr, vaia cos da capital!!
que conste que a minha nai é de Noia, que nom é nem aldea nem capital.
E ademais todabía é umha rapaza nova
(mi madre me lee)
non dudo que a túa nai sexa unha rapaza nova (Ola sra Sobchak!), por iso creo que dicir “aquela época” sitúa estes costumes moito máis lonxe no tempo do que realmente están.
… e moito máis lonxe do que físicamente están o teu pobo “a capital” do meu (qué montes!!)
non baixes moito o pH que bases e ácidos non fan boa mezcla…:mrgreen:
… digooo, SUBIR o pH non baixalo