Xuño 15th, 2007
Animais sagrados
Posted by
W. Sobchak in
Fotografía

Na India tenhen á vaca. Na Galiza temos ao porco.
Eu pensaba que a meca da sua veneracion era Lalín pero comezo a cambiar de idea despois de ver a serie de Xulio Villarino sobre o porco Antón de Espasante (a.k.a. Desfasante)
[obrigado aos abnegados lectores do cccp que envían contidos ante a evidente falta de oxixenación do cerebro do camarada W.Sobchak]

Viva o anton´s way of life:
http://www.fotolog.com/trivia/18159721
Dende as últimas eleccións ten unha estatua (ademais da fonte) con campanilla e todo!!!
(ps-ps é xulio non xurxo ;))
corrixido
Bom, a Galiza está cheia de porcos
mas já dizia o Castelao no Sempre em Galiza que a nossa besta por excelência era a Vaca.
O porco é o noso animal sagrado, concordo, pero a vaca é o noso animal totémico, que diría Manuel “O Outro” Rivas
que crueldade leva un cencerro pra que nom se escape.

ainda q o porco parece feliz nom é?
Se moito non me engano ese mesmo cocho (ou un parecido) desaparecera este ano e andaban os paisanos todos tristóns que o tiñan que repoñer e debe ser verdade que me lembro de telo visto na galega no telexornal do mediodía, eh?
O que acontece é que aquí nos comemos ás cousas sagradas, cousa que non fan os indios coas vacas nin os católicos co papa… eles o perden.
¡¡¡Moito ánimo, camarada, que xa queda menos para o San Martiño…..!!!