Xuño 27th, 2007
O cartaz de Ortigueira
Posted by
W. Sobchak in
Arte e Desenho

Pois debo de confesar que non gosto do cartaz de este ano do festival de Ortigueira. Demasiado costumbrista para min. E mais comparado con os de anos anteriores que ían por unha linha un pouco mais coherente coa evolucion do festival… digo eu desde a distancia

pffff…
pois espera a ver o que fixeron “os deseñadores locais” para engadirlle a programación….
Costumbrista e máis picassiano… eu non teño moi claro que me guste, a verdade.
Costumista, picasiano e mesmo vighés…. non é o famoso sireno? que fai en Ortigueira? é parte desa poboación que se despraza desde os seus lugares de residencia habitual para ser ortigueiráns(?) por catro días?
Eu tampouco gosto nada do cartaz, non sei, vexo-o demasiado simplón, sen grácia. Xa postos prefiro o que fixeran os aduaneiros en plan de coña hai uns anos: http://www.aduaneirossemfronteiras.org/imaxes/mariscal.png
Pois tendes razón. Un pouco simplón sí que é, un quero e non poido.O do sireno tamén lle queda un pouco ghrande, máis ben unha sirea “fondona” que quedou na rocha ao baixar a marea. Un sáudo dende Citroën sur Mer.
Eu tampouco gosto moito do cartaz. E iso que é de Siro López que paréceme moi bo.
O ano pasado houbera un concurso para a eleción do cartel e eu presentárame con dúas propostas. Co voso permiso vouvos poñer unhas ligazóns de cómo vivín aquilo e de paso a ver qué os parecen as miñas propostas:
Presentación dos traballos, Gañador e as miñas propostas, e unha galería dos mellores.
Por certo, a coña dos Aduaneiros supoño que terá que ver co cartel do 2005 que o fixera Mariscale que a min pareciame unha merda, a verdade. Pero como é de Mariscaaal….
Ortigueira está deixando de ter graza até no cartaz. Entre o masificadísimo que está e que se está transformando no F.O. Estrella Galicia (a semellanza do FIB Heineken), por non falar da carpa dance (?) eu case prefiro os festivais pequenos, como Pedroso ou Narahío.
chove………..
os bos dias de ortigueira xa foron ala
fodidos teclqdos belgas