Xuño 4th, 2007

Laporte vs A Ribeira Sacra

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

laporte.jpg
O sabado, en estado de semi-vixilia, estivemos no CGAC. Como a minha vida é un circulo ( de confusion) resultou que había unha expo sobre a Ribeira Sacra. Había un par de cousas interesantes, como unha instalación sobre a caida da auga de Isabel Aguirre ou unhas esculturas inspiradas en arbores de Gérald Dederen . Pero sen dubida o mais expectacular é a instalación do musico canadiano Jean Francoise Laporte. Compuxo unha peza evocando o ruido do vento nos canons do sil. Ao seu compas tres aspas metalicas (como de muinhos) xiran e emiten luces en distintas secuencias. Sempre sincronizadas coa melodía. A escuras, tumbados nun sofa circular eu funme mergullando na atmosfera da instalación ata quedar completamente prendado dela… e asi ata que chegou un segurata a dicirnos que non nos quedaramos durmidos… que viva a sensibilidade!

Moi recomendabel!

[a imaxe é todo o boa que a tecnoloxia dixital e a escasa luz permitían]

Xuño 4th, 2007

Sergio Belinchon

Posted by W. Sobchak in Fotografía

sergio_belinchon.jpg
Sergio Belinchon fotografo valenciano. Coido que  cobrou notoriedade hai uns anos con a sua serie sobre as cidades de vacacións do levante e o seu aspecto fantasmagórico no inverno. Eu, como son un tipo obsesivo, gosto moito das suas series en Berlin

[marcho correndo para a biblio, que é tardíiiisimo]

Xuño 3rd, 2007

arte a esgalla, carallo!

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

arte_a_esgalha.jpg
Fermosa e elocuente pintada manufactarda na porta do caminho de Compostela.
Dende o CCCP adherimonos a tan solemne chamamento!

[foto anónima, perfecta de encuadre por certo]

Xuño 3rd, 2007

Nokia n-95

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

trebello.jpg
O nokia n-95 a minha última adquisición … que non cunda o pánico! o cccp non ven de convertirse nun blogue de esos de trebellos, nen o camarada W. Sobchak mutou nun Geek. O que aconteceu é que estaba eu a pasada sexta (vernes) a romperme a cabeza co apaixoante mundo da composición quimica das peliculas fotográficas, cando un simpatico repartidor chamou a minha porta para darme un paquete. Nel vinha o chisme este é unha carta de movistar na que me dicían que ganhara un sorteo entre os que mudaramos a factura por correo pola de internet…
A verdade é que o invento este ten de todo. Ainda que non sei se estarei moi comodo con un chintofano de case 600 euros no peto. e mais cando estou acostumado a un movil de mais de catro anos de antigüedade.

Acudindo ao rico refranero espanhol: “a caballo regalado…”

Xuño 1st, 2007

Oh dear! I shall be too late…

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

coelho.jpg
1 de xunho xa! E eu con estes pelos ;-)

A presión da conta atrás comeza a a martillear na minha cabeza. E ademais tenho a sensación de estar nun permanente e desquiciante dialogo-bucle co fodido gato de Cheshire... E ademais xa tenho asumido que sobre min van caer inexorablemente o peso de TODAS as leis de Murphy ….

A ainda así tenho un considerabel poso de “buen rollo” Cousas raras da vida!

« Páxina anterior

Creative Commons License
O CCCP é um blogue
Creative Commons.