
Comecei o venres con unha breve visita de inspección. Estiven en companha de ponteses mohinantes que andaban a vender chapas, camisetas e licor K (de Luintra). Este ano sacaron a zona dos postos do recinto dos concertos polo que pouca musica puiden ouvir. Fixen unha breve incursión para ver a The Ellas e decatarme de que Tosar ten alguns probleminhas de afinación. Como tinha unha cita en Compostela con uns bos amigos que había meses que non vía quedei coas ganas de danzar outra vez cos Assian Dub.
O sábado volvin. Abriron The Zodiacs. Tinhan boa pinta, pero era moi cedo e eu ainda andaba de vida social festivalera asi que pouco puiden ver deles. Depois viñeron Catpeople e corroboraron a idea que me fixera deles no festival do norte: son tremendamente aburridos. E logo foi o turno de Elodio y los seres queridos, e a verdade é que non tenho nada constructivo que dicer de el.
Chegaron Ectoplasma, o grupo de Nicolas Pastoriza (ex-la marabunta). Moito mais divertidos e interesantes, a pesar de que para o meu gusto son pelin orquestais de mais (con violin e ventos). Sempre gostei da voz e as letras de Pastoriza (pedazo de poesía urbana «hoy tuve bulla con una cajera del froiz«) asi que estiven a pasalo ben. Quizais as canción eran un pouco largas e Nicolas enrollabase de mais nas pesentacións. Nese momento puxose a chover.. E de que forma! como ando con saude quebradiza decidin ir ao carro a esperar que escampara. Ali estiven 15 minuntos facendo algo moi surrealista, escoitar pola radio galega musica o concerto que tiña a 200 metros de distancia… Remataron os vigueses e seguía a chover a cachon.
E comezou Marky Ramone, o único supervivinte deses mitos da historia da humanidade que son The Ramones. Como ocasións destas hai poucas apañei un paraugas que xxxlurpia deixou esquicido no maleteiro (tope complemento punk) e con el baixei ata a carballeira. E así estiven, como no famoso concerto dos Rolling no 82, bailando os clasicos dos ramones debaixo dun paraugas (xa teño dito que eu son punk de xeriatrico). O batera de NY anda a xirar con The Queers como banda de apoio que fai covers do seu grupo orixinal, e ofrecen un show caralludo. Por momentos sonaron case mellor que cando vin aos orixinais no Coliseum ala a principios dos 90. Muito divertente. Gaba Gaba Hey!
E escampou, e sairon os contundentes e solventes Sex Museum, que nos meteron nunha maquina do tempo para levarnos aos anos 70 co seu potente hard rock. Excelente música e excelente actitude. Xa a sua posta en escena é expectacular con unha besta na bateria ,con un bombo de 26, e un cantante cuspidinho a Crhis Robinson. Grande o concertos destes rapaces e sublime o final con unha version do Whole lotta Rosie de AC/DC e o primeiro tema do seu lp speedkings (nom lembro o nome) aderezado con o bis de Keep on Rocking in the free World de Neil Young. Apoteose rockeira… e eu a tocar a guitarra co meu paraugas. Keep on rocking meus.
E desafortunadamente era o turno de Kula Shaker que tamén quixeron levarnos aos 70 pero a min levaronme ao mais profundo aburrimento. Xa o seu disco Strange Folk sona estrano de vez, pero en directo a cousa empeora de carallo. Estes tipos deberon de estar na India hai pouco e quedaron mais flipados con o sitar que cando George Harrison voltou de alá. É certo que a xente que nos rodeaba, e que estaba ata as cellas de todo tipo de sustancias, bailaba como se estiveran en Woodstock , pero no meu caso a cafeina non deu para tanto. Tiveron un efimero momento interesante coa sua famosa version de Hush dos purple, pero de contado voltaron a sua linha soporifera.
E para rematar saiu Jay Jay Johanson. Eu de por min era proclive a unha sueca electro-rockeira pero despois do estado de sopor no que me sumiron os tipos anteriores non entrei dentro do rollo dos nordicos.
A noite estaba humida de vez, eu moi lucido e os meus compis derrotados despois dos excesos da noite anterior, asi que din por rematada esta edicion do cultura quente. O ano que ven maís.
[tremendo rollo quevenho de soltar, gracias aos que chegachedes ata aquí...]