xullo 13th, 2007

little miss sunshine

Posted by W. Sobchak in Cinema

sunshine.jpg
E continuando con a serie de  comentarios sobre peliculas de rabiosa actualidade…. a última que vin foi Litlle miss sunshine de Jonathan Dayton e Valerie Faris. Que supoño que xa todo o mundo saberá que foi a peli pseudo-independente que a industria de hollywood apadrinou o ano pasado.
É unha road-movie familiar con tono de comedia agridoce (cousa rara!) que se deixa ver facilmente e que ten cousinhas curiosas de mirar.
Do que mais gostei foi de que é unha historia sobre perdedores (lusers ,que dirian eles). E de como eles chegan a aceptar a sua condición de perdedores. Tema moi espinoso na sociedade yanki, baseada no individualismo e na permanente busqueda do éxito persoal (obviamente dende o CCCP deploramos tal desprecio do estado social…) Quizais por eso tantos estadounidenses sentironse algo identificados con este pequeno filme.
Porque, a fin de contas, lusers somos todos!

One Response to ' little miss sunshine '

Subscribe to comments with RSS

  1. Lula Fortune said,
    on xullo 13th, 2007 at 12:59 pm

    Eu diría “pequeno gran film”. Os perdedores sempre deron mellor nas páxinas dos libros e nas pantallas. A quen lle interesa a perfección? O imperfecto ten mil caras e todas diferentes. Bicos.

Leave a reply

:mrgreen: :neutral: :twisted: :shock: :smile: :???: :cool: :evil: :grin: :oops: :razz: :roll: :wink: :cry: :eek: :lol: :mad: :sad:


Creative Commons License
O CCCP é um blogue
Creative Commons.