festa nacional!

Rematou a festa da fraga.
E menos mal… porque o meu corpo non creo que aguantara un día mais.
Este ano a choiva dos dias previos fixo que o ritual da lama se extendera alen da sesión vermut e que o obrigado bailoteo fora no medio dun fangar (que dirian en Noia) que chegaba ata os xeonllos.
Especialmente divertido foi o concerto de Loquillo. A min este tipo non me caia moi ben (Sempre fun mais de Def con Dos) … pero como gostei da sua actuación. Que concerto máis divertido. Todo un regreso a adolescencia. Como é habitual neste tipo de artistas, o tipo vai respaldado por unha banda moi solvente en plan rock clasico ( 2 guitarras, baixo, batera e teclado) e a el hai que recoñecerlle que interpreta á perfección a personaxe de rock&roll star. O publico era unha mestura de fans acerrimos do xefe dos trogloditas (con as suas pintas caracteristicas) e da fauna habitual da festa da fraga (sen comentarios sobre as suas pintas…) E todos a menear cacha na lama…. Momentos espectaculares foron “el rompeolas” e o obrigado peche con o “cadilla solitario” “nenaaaaaaaaaaaa!!!”
Tamen prestou de vez a sesion vermut onde xa usuaria ofical da miña camara e mais eu nos introducimos no medio da marabunta a fotografar tan poderoso evento… Ainda conseguimos algunha que outra imaxe curiosa que en breve colgarei nalgun sitio. Que conste que o ambiente é indescriptibel. Hai que vivilo…
E polo resto… tres días disfrutando da compaña de xente incribel, de botar moitas risas, de desfrutar do tempo de vez… que mais se pode pedir? Que se repita axiña
Xa queda menos para a festa da fraga!!!

E máis que venha!!! Sempre é un pracer contar coa inestimábel companha do camarada Sobchak polas terras de Springfield.
P.A. meu!!!
cabrón!
eu tamén fun e non te vin!
((en parte porque non sei cómo es!)
tremenda festa!