agosto 3rd, 2007
abandoadas
Posted by
W. Sobchak in
Fotografía

O CCCP ven de enviar unha expedición de reconhecemento a unha fabrica abandoada para a súa futura conquista fotográfica. (que conste que esta é a segunda tentativa tras un intento frustrado en Pravia).
Na época da revolucion tecnoloxica e o declive industrial a fascinación por estes edificios pantasma está ampliamente extendida. Exemplos hai moitísimos dende Suecia, ata Xapón ( e non se limitan ás fábricas). Por certo que estes ex-lugares xa levan tempo amosándose como un estupendo escenario para plasmar intervencións artísticas
…e digo eu : Se foi efemero o mundo da revolución industrial que será deste noso mundo virtual???

O_O
qué interesantes os enlaces!!!
encantoume a serie de Antía Moure e a foto da fábrica de Pravia é espectacular!!
Viches a base militar americana de Bares? apenas queda nada xa e creo q a van tirar en breves… é o escenario perfecto para unha peli de zombis!! XD
em resposta a tua pregunta suponho que haverá gente que se adique a visitar blogues doutra gente que existiu em tempos pasados e publicaram as imagems na internet.hehe:razz:
Certamente estes son lugares que dan moito de si, en Santiago non fomos poucos os que tivemos a sorte de adentrarnos na antiga fábrica de camisas Geyfe antes do seu derribo.
Un site de referencia en temas de abandonos e calidade fotografica e Abanonalia, cunha morea de links de sobrado interes: http://abandonalia.blogspot.com/