CCCP

Setembro 28th, 2007

Manos de topo

Posted by W. Sobchak in Música

manosdetopo.jpg
ala, eu marcho a pasar a finde  na capital do imperio pequeno,  se non tendes plan recomendovos que vos deleitedes descubrindo a Manos de Topo (aquí o myspace). Podería tentar describilos, pero sería tontería porque xa o fixo moito mellor Vincent Jalo.

Estos chegaron as minha orelhas vía JXO (no exilio)

Setembro 27th, 2007

Murdocks – Playhouse Down

Posted by W. Sobchak in Música

murdocks.jpg
Este é o tema que estou a escoitar obsesivamente estes días. A banda chamase Murdocks son de Austin [lease “oston”]Texas, e non tenho nen idea de como cheguei ao seu myspace. O que si sei é que non me podo sacar o seu shalalala do cerebro…

[… se eu fora locutor de Radio 3 convertíaos nunha banda de culto nun plis]

Setembro 26th, 2007

Skunkfunk

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

skunkfunk.jpg
O CCCP falando de moda!!! Francamente penso que eu son o contrario a un fashion-victim e ademais os gustos e criterios do mundo da moda adoitan a estar nas antipodas dos meus. Mais onte achei os catalogos desta tempada de Skunkfunk e quedei fascinado co seu desenho e as suas fotos.
Tristemente non tenhen a web  actualizada e  os catalogos da tempada  primaveira /verán non é que sexan  nada expectacular. Gosto mais  das  galerías das fotos que envían os internautas que visten prendas da marca  .

Por certo entre os multiples idiomas que ofertan na web está o galego (tanto fechado como internacional)

Setembro 26th, 2007

The homens – Calamar

Posted by W. Sobchak in Música

homens.jpg
Polo que escoitei ao vivo, non gosto moito da evolución que estan a ter The homens, pero reconhezo que calamar [escoitar aquí], o adianto do seu proximo cd, non está nada mal.

vía democraciachina

Setembro 7th, 2007

Nick Jones

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

 nick_jones.jpg

Nick Jones [aqui o seu blogue] é un pintor de Liverpool ao que non sei se chamar pop ou postmoderno…

Setembro 4th, 2007

Death proof

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

death_proof.jpg
Non descubro nada novo se digo que Tarantino é un pedazo de friki. Mais tamén é un tipo con un grande talento visual, e ademais é un afortunado que pode facer o que lhe pete. E agora apeteceulle rodar unha peli mesturando xeneros de serie B dos anos 70, dos que el mamou de xoven nos autocines que seica tanto abundan nos EUA. Así que ideou unha excusa co seu coleguita Robert Rodriguez ….  O resultado é Death Proff, que en yankilandia estreouse nun único pase xunto a peli de Rodriguez Planet Terror  baixo o nome de Grindhouse e que aquí van por separado (cousas dos departamentos de marketing”)

Aviso a navegantes: A historia é o de menos. O guión limitase a ser un gran contetor onde o director meteu todo o que a el lhe apetecía rodar. E a verdade é que se agradece, porque se algo consigue o amigo Quentin é regalarnos imaxes fermosas.
Ademaís nesta ocasion Tarantino tamén é o director de fotografía, para encargarse personalmente de variar de iluminación e estetica 3 veces durante a pelicula (a mais fermosa a primeira parte sen dubida algumha)  asi como de imitar os efectos do celuloide deteriorado. Pareceme que o seu trabalho é interesante e fermoso

Como era visto,  non faltan os elementos habituais do cine deste home: conversas “intrascendentes” nas que se debate con pasion sobre elementos da cultura popular, os travellings circulares, o obligatorio plano desde o maletero, a exotica banda sonora, o baile sensual, o punto fetichista con os pes, mulheres de beleza turbadora, un actor velha gloria reivindicado (desta volta o mesmisimo snake), a violencia retratada como algo ludico e fermoso… E por suposto todo salpicado con mil e umha metarefencias ao cine dos últimos 40 anos… Haberá quen a esto lhe chame  postmodernidade

Basicamente estamos ante un divertimento. Acción, suspense,tensión… Bruscos cambios de trama e estética… Tarantino seguro que o pasou caralhudamente mentres a facía ,e eu fixen o mesmo vendoa. Mais suponho que haberá que ter un punto friki para disfrutala

[por certo, había tempo que non ía ao cine.. .que incomodas son as butacas!!!]

Setembro 3rd, 2007

A expo da World Press Photo

Posted by W. Sobchak in Fotografía

japo_2.jpg
A world press photo, que é das cousa mais potentes que hai no mundo do fotoxornalismo,  ven de estrear a sua expo itinerante que vai visitar  mais de 30 cidades.   O mais  perto que a teremos  será en novembro en Maia, e antes andara por Barna no CCCB. [ hai na sala algun simpatico  lector que me leve a vela??]

A imaxe é  de David Guttenfelder