Death proof

Non descubro nada novo se digo que Tarantino é un pedazo de friki. Mais tamén é un tipo con un grande talento visual, e ademais é un afortunado que pode facer o que lhe pete. E agora apeteceulle rodar unha peli mesturando xeneros de serie B dos anos 70, dos que el mamou de xoven nos autocines que seica tanto abundan nos EUA. Así que ideou unha excusa co seu coleguita Robert Rodriguez …. O resultado é Death Proff, que en yankilandia estreouse nun único pase xunto a peli de Rodriguez Planet Terror baixo o nome de Grindhouse e que aquí van por separado (cousas dos departamentos de marketing”)
Aviso a navegantes: A historia é o de menos. O guión limitase a ser un gran contetor onde o director meteu todo o que a el lhe apetecía rodar. E a verdade é que se agradece, porque se algo consigue o amigo Quentin é regalarnos imaxes fermosas.
Ademaís nesta ocasion Tarantino tamén é o director de fotografía, para encargarse personalmente de variar de iluminación e estetica 3 veces durante a pelicula (a mais fermosa a primeira parte sen dubida algumha) asi como de imitar os efectos do celuloide deteriorado. Pareceme que o seu trabalho é interesante e fermoso
Como era visto, non faltan os elementos habituais do cine deste home: conversas “intrascendentes” nas que se debate con pasion sobre elementos da cultura popular, os travellings circulares, o obligatorio plano desde o maletero, a exotica banda sonora, o baile sensual, o punto fetichista con os pes, mulheres de beleza turbadora, un actor velha gloria reivindicado (desta volta o mesmisimo snake), a violencia retratada como algo ludico e fermoso… E por suposto todo salpicado con mil e umha metarefencias ao cine dos últimos 40 anos… Haberá quen a esto lhe chame postmodernidade
Basicamente estamos ante un divertimento. Acción, suspense,tensión… Bruscos cambios de trama e estética… Tarantino seguro que o pasou caralhudamente mentres a facía ,e eu fixen o mesmo vendoa. Mais suponho que haberá que ter un punto friki para disfrutala
[por certo, había tempo que non ía ao cine.. .que incomodas son as butacas!!!]

Tarantino é un xenio. Xa que logo, haberá que ir a vela.
Deume a lixeira sensación ao ver os anuncios de que aos dous se lles fora definitivamente a pinza. Irei velas, pode ser divertido.
Un saúdo. Irei vela para alimentar o meu lado friki que anda un pouco famento este días:twisted:
Agora que me deches a excusa (”é que ma recomendaron…”) irei a vela. Aínda que non creo que Reservoir Dogs sexa superable, pero en fin;)