Autoretrato


A raiña vermella mándame o meme dos 8.. e eu ando moi espeso esta temporada… asi que paso a citar 8 cousas da minha vida cotiá das que gosto de vez:
1- Bater papo
2- Sofa + manta + peli + …
3- A tortillha de patacas da minha nai [se non leva cebola, non é tortilha]
4- Compartir experiencias culinarias con os carruxos e a xente do seu circulo (de confussom)
5- A fotografía: [admirar.. e perpetrar]
6-A música: [escoitar, danzar, tocar…]
7-Andar polo monte
8-Internet
E tinha que pasarlhe o meme a outros 8 mais ak77 xa me mangou a xente a quen tinha pensado.. asi que me quedo sen contactos :( .. quen o lea e non o fixera que o faga!!!
O pasado sábado estiven polo Ortegal adiante a procura de cogumelos na companha de xente tan interesante como a arriba retratada [ premer para ampliar]
A mudanza climática tamén é mala para os cogumelos… porbres pitufos que van quedar sen casas…

Fanny e Alexander apresentan o seu novo disco. Reconhezo que o camarada WSobchak ten umha eiva no seu cerebro que lhe impide apreciar a musica electrónica. Mais estou certo que a existencia de proxectos como este son mais que saudables para a escena músical galega.
Asemade ten o mérito da intelixente decision da doble edición (tanto física como virtual).
Este venres presentaran o trabalho ao vivo xunto a the homens na nasa.
Sao Paulo tenche que ser un lugar ben curioso. Como xa falamos por aquí varias veces, por umha banda estan as autoridades obsesionadas con prohibir a publicidade, a arte urbana e demais expresións na rúa e pola outra banda hai un colectivo de artistas urbanos con un inmenso talento. Por exemplo 6EMEIA e o seu proxecto de customizar os sumideiros dos paseios

Coido que xa o tenho dito por aquí, pero de cando en cando gosto de visitar photologs de habitantes do imperio para ver umha vision distinta da que nos ofrecen por TV. Por exemplo lens is more as fotos de Bob Smith , un desenhador gráfico de Los Angeles

Papel continuo é un dos blogues mais potentes en temas de desenho e esas lerias. A cousa é que agora nos sorpende con un agasalho: un recopliatorio de cancións ideais para un “guateque ye-ye” para a noite de samain.
Realmente divertido ( e o desenho da capa é expectacular)!
[Absterse roqueros impenitentes… ]

Onte lendo a revista do audivisual galego (prefiro falar dela outro día) achei umha nova historieta de David Rubín [bio] . Nesto da banda desenhada eu son un ignorante, mais penso que esta raparigo é do melhorcinho que temos neste curruncho perdido…

sobre o manido tema meteoroloxico o único que tenho que dizer é que o outro día à noitinha clebramos un magosto, e certo individuo andou todo o rato en manga corta…
así non se pode, ho!

Mundano 7 é un grafiteiro de Sao Paulo que loita teimoso contra o gris urbano… e contra a lei que prohibe a arte urbana. Chegou a facer 9 desenhos no mesmo lugar que de seguido foron borrados en cumprimento da “lei da cidade limpa”
Moi grande o seu lema
” apaguen a miseria e non o meu graffiti“
vía vida de jao
[ …a que me lembra esto]

O feche de aduaneiros sen fronteiras ante as ameazas xudiciais de YC causame umha grande mágoa. Mais que nada porque penso que eles, canda a difunta VA-CA, foron das cousas mais saudables que tenhen acontecido na internete galega.
Desta historia saco duas conclusions principais:
1- A semente da sentencia do caso de Ramoncin vs Alasbarricadas comeza a dar os seus perigosos froitos
2-Non conhezo de nada a Miss YC [nen persoalmente, nen a sua obra, nen nada…] pero tenho moi claro que é umha ególatra (8 letras)
[Podedes ver a animación da discordia no blog do suevo, entroutros]
