Sobchak´s Creek


O sábado sain da casa con toda a intención de ver ao vivo aos Royalties.. pero o rugby cruzouse no meu caminho… Que conste que quedo coas ganas de ver a este interesante trio de rock&roll.
foto extraida de cebolo
[e que baixo tan bonito ten Soni!!!]
…con poucas cousas río máis que con The IT Crowd…
[e mentres en El Pais, non era sen tempo, comezan a compartir argumentos con David Bravo... Pobre Teddy...]

Como neste CCCP non nos esquecemos da riqueza grafica do outro, aquí tendes un link de soviet poster onde cada día publican un poster da former soviet union
vía favoritos

Los immediatos R&B desde Toledo. Estos raparigos cadraban 100% no Felipop, ou non?

Expectacular o traballo fotografico de Joni Sternbach. tremendas as tomas e impresionante o retoque… como diría o outro, cousa bonita que mete medo!
vía multimedial

Ze behar significa “que precisas?” en euskera. Ti plantexas a tua necesidade e agardas a que alguen poida axudarte.
Coido que poden xurdir cousas fermosas deste proxecto

The Scicence of Sleep( Michel Gondry) está moi lonxe de ser umha peli perfecta, pero da gusto vela.
Da gusto porque de cando en cando presta de vez que te transporten a outros mundos , onde o onírico se mixtura con a realidade , pero sen perder o pequeno toque acedo que a vida ten de por si.
E, por suposto, tamén por esa preciosa escenografía de cartón e celofán (a historia está ambientada en París pero desta vez Paris non sae bonito)…
…E suponho que haberá quen tamen disfrutará vendo a Gael García Bernal , pero non é o meu caso…

…tenho pensado mudarme ao D.F. a facer carreira como loitador profesional…

Entérome por Mónica, que estivo tempo atrás por aquelas latitudes, que hoxe é o
International Bloggers’ Day for Burma . Tamen hai en marcha unha recollida de sinaturas on-line dirixidas a ONU.
E Kruzul fixo un banner galego para a ocasion
[polo menos non ficar calados, digo eu..]

A actuación do grupo Prisa contra rojadirecta.com é de libro. Concretamente de Cultura Libre de Lawrence Lessig. Nel xa se contaban as estratexias dos grandes imperios económicos americanos contra os novos fluxos para a cultura libre que supón intenet. Duas delas están claramente presentes neste caso:
1- Se algo é legal e a ti te perxudica non importa: fai crerá xente que é ilegal. E de paso atemorizaa o mais posible (esto xa leva tempo facendoo a Sage e o Ministerio de Cultura)
2- Afunde economicamente ao teu rival a base de costosos pleitos. É evidente que un particular nunca podera competir contra unha grande empresa…
E así están as cousas no Reino de España no 2007… mentres, a moitas galaxias de distancia, Radiohead publica o seu novo disco adaptandose aos novos formatos de negocio
[por certo, moi interesantes as declaracions do webmaster de rojadirecta en Vieiros]
J. Pereira é un fotógrafo galego que ten un fotolog [non confundir cun flog] do que gosto de vez. Estos días seica anda por África e de seguro que nos regalará imaxes preciosas.
Non deixen de visitalo!!!
