10 discos 10
Convidame Samo a facer un meme sobre os 10 melhores discos da historia. Acepto o envite como bo cabaleiro que son (estas cousas sempre estan ben para descubrir música lendo as listas dos demáis). Mais debo puntualizar que penso que a música non é cuantificable, e que umha lista de estas sempre será imperfecta, de feito seguro que en 10 minutos xa non estarei dacordo coa minha. Ademais estos días ando co cerebro cheo da area negra de morouzos , e non me dou concetrado moito asi que fago como ak e recurro a minha memoria emocional… Arriba e alá imos:
Deep purple, Made in japan. Sen dubida ningumha o melhor disco ao vivo da historia [retiro o dito, esto si que é cuantificable] 6 tipos en estado de gracia tocando puro rock dun xeito caralhudo. Un disco cheo de intensidade Ainda hoxe se me ponhen os pelos crespos cando escoito algun dos temas. Tenho o vinilo raiado por child in time de escoitalo tantas veces
The Doors L.A. Woman. Mais alo de toda a historia mitomana que rodea a Jim Morrison, The Doors eran umha estupenda banda. Este é o seu último disco e evolucinaban cara o blues de maneira deliciosa. Love her madly é un dos temas que sempre toco cando recupero o chisme das catro cordas… No pub phobia de Pontevedra raiaron a cara A do vinilo de tanto que nolo puxeron.
AC/DC Highway to Hell. O cumio do rock guitarreiro. Todos e cada un dos tema comezan con un rift caralhudo, con unha base sinxela pero contundente. Esupendos Bon Scott (execelente testamento musical) e Angus Young (antes de conevertise numha parodia de si mesmo). A cara A é insuperabel, dela quedo con Touch to much
The Clash- London Calling The Clash son imprescindibles (Strummer is the only and true god). Esta é a sua grande obra, en perfecto equilibrio entre a rabia dos primeiros trabalhos e as idas de olha posteriores. Que melhor mostra que Hateful … bailade malditos!
Nirvana -Nervermind. Xa sei que non son nada orixinal. Pero para min este disco cambiouno todo. De non ser polo grunge eu tería sido outro heavy de pantalons pitilhos. Ía en 1º BUP cando saiu esto, e un amigo deixoume o CD (un cd!!). Umha autentica marabilla de rabia, forza e sinxeleza. E para os virtuosos que din que eran malos.. tentade facer en directo as subidas e baixadas de Lithium… E que vivan as camisas de cadros!
Los Enemigos Nada. Para min o melhor disco en espanhol da historia. Desde o espectacular arranque guitarreiro de Me sobra Carnaval hasta o sutil final de Animal nada ten desperdicio. Excelente producción e execelentes directos que nos regalaron. Magoa da sua despedida… e sigo pensando o mesmo do seu canatante
Diplomaticos de monte alto. Avante Toda. Contra todos eses que difaman ao Bravú sen saber do que falan eu quero reivindicar este discazo que saciou a paixon que queimaba no meu peito. Con el tamén descubrín a Kaki Arkarazo e as marabilhas que podía facer como productor. Canta pista tenho gastado con gaiteiro, esta noite hei de ir aló (temazo!) ou a oda ao futbolin… E todos vos xa estades sacando para fora o carnocho que levades dentro e afogando ao cacique repunante
Autoramas stress, depresao & sindrome do panico . Este ano recen descubrin o abraiante rock brasileiro. E para min sen dubida o trío sufeiro-garaxeiro son do melhorcinho que hai da outra beira do atlántico. Desde que escoitei os primeiros acordes de Fale mal de min, fiquei namorado da sua música…. En Maio puidenos ver ao vivo e flipin (que dirían en rianxo)
manu chao clandestino... xa sei que non pega nada na lista… e mesmo a día de hoxe non me cae nada ben o tipo… mais debo reconhecer que no seu momento este disco impactoume. A min a e todo quisqui, porque penso que é o culpable da invasión pachangueira que tivemos a posteiorí. O xeito da producción foi moi novidosos,e ademais as cancións eran bonitas... ademais xa tenho dito por aquí que este disco recordame boas epocas
Iron Maiden-The number of the beast. A minha epoca heavy tamén merece mención. E este é o Disco heavy. Glorioso, épico e melodico. Que mais dicir? Xuzgade vos mesmos…. (que conste que a piques estiven de meter o painkiller dos priest)
E isto é o que hai… (ainda me levou tempo…)
E como esto dos memes non ten gracia se non se nomina a xente para continuar, vou facer o propio. Os candidatos a seguir a cadea son: Manuel Rivas, O Moucho, O raposo, A raiña vermella, O pastor e JXO