The Eternal Sunshine of the Spotless Mind

Un xa estaba convencido de que era imposibel soportar a Jim Carrey (eu non gostei nen de The Truman Show nen de Man on the moon) e vou e acho este filme, que consegiu que me esquecera de que estaba a ver umha peli de Carrey…
The Eternal Sunshine of the Spotless Mind (aka olvidate de mi) está dirixida por Michael Gondry , ao que xa gabaramos no CCCP porThe Scicence of Sleep . Descubrin tarde a este director, pero en boa hora! Gosto moito das suas historias, da sua tecnica narrativa e da sua forma de fotografar. Non é o melhor autor do mundo, pero polo menos ten un punto de vista persoal alonxado de tanta estulticia clónica e adocenada [esto último quedoume como se fora un critico de cine de verdade …]
A pelicula xira en torno ao amor, a paixón, as relacións, o declive destas, a predestinación…. pero sen caer en excesos melodramaticas nen en empalagosos edulcoramentos.
Ademais a prota é Kate Winslet, que xa sabedes que eu son fan.
[Umha moi agradable experiencia, e moito mais se temos en conta que ía dentro do pack: sofa+manta+…]

nom vin nada del, o programa cineuropa esquecino en santiago, e no Sande nom nos dan de beber
(terei que ir sen Dario e sen sen pinta de nacionalista), e comezou a chover.
E moqueo
Sofa+ manta+ colacao… ata o eje Sevilla-Granada.
Es una de las pelis que mas me gusto en los ultimos anyos es genial!