10 discos 10

Convidame Samo a facer un meme sobre os 10 melhores discos da historia. Acepto o envite como bo cabaleiro que son (estas cousas sempre estan ben para descubrir música lendo as listas dos demáis). Mais debo puntualizar que penso que a música non é cuantificable, e que umha lista de estas sempre será imperfecta, de feito seguro que en 10 minutos xa non estarei dacordo coa minha. Ademais estos días ando co cerebro cheo da area negra de morouzos , e non me dou concetrado moito asi que fago como ak e recurro a minha memoria emocional… Arriba e alá imos:
Deep purple, Made in japan. Sen dubida ningumha o melhor disco ao vivo da historia [retiro o dito, esto si que é cuantificable] 6 tipos en estado de gracia tocando puro rock dun xeito caralhudo. Un disco cheo de intensidade Ainda hoxe se me ponhen os pelos crespos cando escoito algun dos temas. Tenho o vinilo raiado por child in time de escoitalo tantas veces
The Doors L.A. Woman. Mais alo de toda a historia mitomana que rodea a Jim Morrison, The Doors eran umha estupenda banda. Este é o seu último disco e evolucinaban cara o blues de maneira deliciosa. Love her madly é un dos temas que sempre toco cando recupero o chisme das catro cordas… No pub phobia de Pontevedra raiaron a cara A do vinilo de tanto que nolo puxeron.
AC/DC Highway to Hell. O cumio do rock guitarreiro. Todos e cada un dos tema comezan con un rift caralhudo, con unha base sinxela pero contundente. Esupendos Bon Scott (execelente testamento musical) e Angus Young (antes de conevertise numha parodia de si mesmo). A cara A é insuperabel, dela quedo con Touch to much
The Clash- London Calling The Clash son imprescindibles (Strummer is the only and true god). Esta é a sua grande obra, en perfecto equilibrio entre a rabia dos primeiros trabalhos e as idas de olha posteriores. Que melhor mostra que Hateful … bailade malditos!
Nirvana -Nervermind. Xa sei que non son nada orixinal. Pero para min este disco cambiouno todo. De non ser polo grunge eu tería sido outro heavy de pantalons pitilhos. Ía en 1º BUP cando saiu esto, e un amigo deixoume o CD (un cd!!). Umha autentica marabilla de rabia, forza e sinxeleza. E para os virtuosos que din que eran malos.. tentade facer en directo as subidas e baixadas de Lithium… E que vivan as camisas de cadros!
Los Enemigos Nada. Para min o melhor disco en espanhol da historia. Desde o espectacular arranque guitarreiro de Me sobra Carnaval hasta o sutil final de Animal nada ten desperdicio. Excelente producción e execelentes directos que nos regalaron. Magoa da sua despedida… e sigo pensando o mesmo do seu canatante
Diplomaticos de monte alto. Avante Toda. Contra todos eses que difaman ao Bravú sen saber do que falan eu quero reivindicar este discazo que saciou a paixon que queimaba no meu peito. Con el tamén descubrín a Kaki Arkarazo e as marabilhas que podía facer como productor. Canta pista tenho gastado con gaiteiro, esta noite hei de ir aló (temazo!) ou a oda ao futbolin… E todos vos xa estades sacando para fora o carnocho que levades dentro e afogando ao cacique repunante
Autoramas stress, depresao & sindrome do panico . Este ano recen descubrin o abraiante rock brasileiro. E para min sen dubida o trío sufeiro-garaxeiro son do melhorcinho que hai da outra beira do atlántico. Desde que escoitei os primeiros acordes de Fale mal de min, fiquei namorado da sua música…. En Maio puidenos ver ao vivo e flipin (que dirían en rianxo)
manu chao clandestino... xa sei que non pega nada na lista… e mesmo a día de hoxe non me cae nada ben o tipo… mais debo reconhecer que no seu momento este disco impactoume. A min a e todo quisqui, porque penso que é o culpable da invasión pachangueira que tivemos a posteiorí. O xeito da producción foi moi novidosos,e ademais as cancións eran bonitas... ademais xa tenho dito por aquí que este disco recordame boas epocas
Iron Maiden-The number of the beast. A minha epoca heavy tamén merece mención. E este é o Disco heavy. Glorioso, épico e melodico. Que mais dicir? Xuzgade vos mesmos…. (que conste que a piques estiven de meter o painkiller dos priest)
E isto é o que hai… (ainda me levou tempo…)
E como esto dos memes non ten gracia se non se nomina a xente para continuar, vou facer o propio. Os candidatos a seguir a cadea son: Manuel Rivas, O Moucho, O raposo, A raiña vermella, O pastor e JXO

boa selección. Chamoume a atención dos Diplomáticos, pero só por a de Dentistas Carniceiros xa paga a pena.
Saúde!
Boa escolha meu!
Nom gosto muito dos Diplos e dalgum outro…. mas acho que é mui aproveitável hehehe!
Pois eu si gosto dos Diplos e loubo a valentía de recoñecer a Manu Chao (eu tamén gostaba moito del naquel momento). Co que flipo é con non coñecer os brasileiros, aínda que eu sempre fun de Legiao Urbana e despois de Capital Inicial. O resto da lista non ten desperdicio. London Calling Forever!!!!
Eu tampouco coñecía ós autoramas e (youtube mediante) parécenme caralludos.
Semella que o mundo moderno si que vai ter cousas boas, marcho para o emule agora mesmo
Moi heteroxénea, de feito dous ou tres discos poderían figurar na miña própria lista mentres figura tamén o que podería encabezar a lista dos que menos me gustan,
por certo… Nirvana non eran malos… eran malísimos, que non é o mesmo:twisted:
Boa lista, se deixamos aparte a Manu Chao (que non me entra) e os brasileiros (que non coñezo).
Con respecto o convite dame algo de tempo, meu. E a ver que sae.
Aos brasileiros eu tampouco os coñezo, e co resto coincido contigo no dos Diplomáticos enteiriño e temas soltos do resto dos discos que expós.
Nirvana penso que estaban sobrevalorados, en canto a Manu Chao… me prestaba máis nos tempos de Mano Negra. Nos meus gustos engadiría o “Azken guda dantza”, directo dos Kortatu, imprescindíbel na miña discoteca.
e que eu son un postmoderno, meus…
en cambio Moucho, ti es un integrista
Xa viches que contestei por outra encomenda, pero doume por encomendada tamén:roll: Unha seleción do mais ecléctica, felicítote.
paréceme fatal que meteras o de Nirvana no canto do primeiro de Pearl Jam, daquela ti eras máis de Eddie Veder que de Kobain. confesa!
Por non falar de omitir o que versionamos en certa maqueta do 93: Metallica, RHCP, Gn’R…
Por certo que daquela época era isto, lembraste?
“me pones los cuernos, no me cuidas nada
y no te duchas por las mañanas
Yo te quiero cariño, yo te quiero matar, hei, hei, hei”
cando dano lle fixo Julián Hernández aos cerebros dos adolescentes galegos
Daquela era mais de Perl Jam, mais hoxe penso que ten mais trascendencia o Nevermind.
En canto ao outro… que longo caminho hai do punk ao universo electrónico! (ainda que os dous sexan con caixa de ritmos)
e Amaghua, onde esta amaghua
cando saia a lista das 10 melhores maketas da historia non dubides que estará na minha lista