CCCP

Decembro 26th, 2007

The Winner is… Manuel Eiris

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

eiris_2.jpg
Pois reulta que o outro día fomos ata o auditorio a innauguración da mostra V premio auditorio para novos artistas. A excusa era, en principio, comer os pinchos e acompanhar a Manuel que era un dos nominados.
Chegamos a hora dos discursos, e con horror vin que se dispoñían a ler a acta… Que rolho! así que fun ata umha esquina para ver o video de Anton Cabaleiro (os senhores da Barrie poden estar contentos que estan a gastar ben os cartos). Os aplausos dirixidos aos agraciados non me deixaban oir asi que subin o volume do video…
E de socato oio de fondo “primeiro premio.. Manuel Eris“…. e doume e volta e ali estaba o Manuel, xa coas autoriades completamente aturdido e abrumado… Tremenda alegria!.

O premio foi por umha obra da que xa se ten falado no CCCP. Manuel é amigo meu de sempre e podo dicir que é un galardon moi merecido, xa que sei todo o trabalho (tanto fisico como conceptual) que esta obra leva detrás.
E ademáis esto dalhe reconhecemento (que sempre ven ben) e un pequeno sustento económico para teimar no seu. (ademais de sufragarme a min umha noite de copas…)

Hai días nos que a vida te regala sorpresas moi agradabeis!

Decembro 20th, 2007

GrupoH

Posted by W. Sobchak in Música

grupoh.jpg
Atención seguidores do emerxente movemento da musica electrónica en galego [entre os que non tenho o gusto de me atopar] , Desde as frias estepas Lugoslavas chegan os rapazolos de Grupo H dispostos a cambiar as vosas vidas!

Warning: eu de vos escoitaria os temas, que seica son amigos do lobishome!!

Decembro 20th, 2007

Fontdevila vs SGAE

Posted by W. Sobchak in Internete

fontdevila.jpg

Tira comica sobre os teddy boys do xenial Manel Fontdevila, (si, un dos da caricatura prinicpesca de EL Jueves, e do que acabo de mercar un interesantissimo album). Esto saiu onte en Público
Sobre os impresentables métodos da SGAE xa falou  Ghanito , e falou ben

Decembro 19th, 2007

Corpos Disidentes

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

copros_disidentes.jpg
Houbo umha epoca da minha vida na que vía practicamente todo o teatro galego que se facía, máis que nada polo circulo de amizades no que andaba metido. Co tempo funme afastando, un pouco aborrecido debo reconhecer, desa xente e do teatro por extensión.
Así que o outro día  foi un pouco raro voltar ao teatro, algo que fixen tantas veces pero levaba tanto tempo sen facer. A obra foi Corpos Disidentes de Nut Teatro (companhia moi vencelhada a escola de teatro espacio aberto que está na rua de San Pedro en compostela), é o motivo mais que nada a curiosidade por ver o que estan a facer as novas companhías de teatro contemporaneo.

Non vou ser eu o que faga umha extensa critica sobre o expectaculo, mais si direi que o resultado é satisfactorio. Corpos disidentes ofrece un sinfin de imaxes e composicions fermosas. Gostei moito de a linguaxe escénica, a escenografía, a iluminación, a integración de audiviusais, a temática… Interesante de vez!
Máis eu tenho que por umha pega persoal. Tal é como esta estructurada a obra, atopamonos fronte a catro monólogos, que é um formato co que non podo… e menos no teatro galego. A típica dicción teatral, mexturada con acentos neutros (carentes de fonetica galega) e sobre un galego non moi natural provocan que o relato me resulte moi artifical e acho moi complicado implicarme e concentrarme no que me están a contar… Que conste que non é un mal destas actrices en particular senon dun amplio sector dos actores galegos en xeral.

De todo-los xeitos penso que é un expectaculo que paga a pena ver. Se o teatro galego evoluciona así , ainda me vou voltar afeccionar e todo

Decembro 17th, 2007

Tarde de expos

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

desiree_dolron.jpg
Aproveitando umha tarde ociosa, aa pasada sexta estiven a pasear polos museos da cidade velha de compostela.
Comezei na fundacion Caixa Galicia que estan a expor as últimas adquisicións da sua colección. Non moita cousa , mais bastante variada. Gostei dos debuxos de Laxeiro, (era bo o tipo!). Mais sobre todo salientaria umha obra de Desiree Dolron (na imaxe superior), que eu definiría como hipnotica polo tempo que a estiven a mirar. A sua obra gana moitissimo ao vivo.

Intentei logo entar na fundacion do señor ese que era falanxista e escribia libros, mais estaban con umha mostra sobre nonseique do mito do apostolo e entroume umha pereza inmensa.

Así que fun ate a Quintana á Casa da Parra a ver rostros da memoria de Xurxo Lobato, que era a minha intención inicial despois de ler os eloxiosos argumentos de Coeliobriga . Tenho de reconehcer que eu saín decepcionado. É evidente que as fotografias son tecnicamente impecables, de grande formato (nótase onde hai pasta) .Pero, polo menos a min, non me consiguiron conmover (e penso que esa era a sua última intención). Tampouco axuda que a exposicion esté bastante mal montada: a sala estaba presidida por un intenso cheiro a pintura e os focos estan fatal colocados provocando fogonazos de luz reflexados nas obras . Por certo algo que me chamou podersomante a atención é o nome de Lobato e o copiright en enorme en toda-las pezas. Non entendo para que. Resulta innecesario e egocentrico.
Obviamente outra cosa é a historia que hai detras de cada un dos protagonistas. Que como todo o o que rodea a guerra civil da moito para reflexionar sobre a vida desa xeración de galegos… pero eso é outra historia
E quixen rematar na igrexa da universidade, mas cando entrei estaban coa montaxe da vindeira mostra, asi que quedei coas ganas…

(depois fun ao teatro, pero eso é para outro post)

Decembro 14th, 2007

Rebekka Guðleifsdóttir

Posted by W. Sobchak in Fotografía

rebekka.jpg
Falabamos o outro día a Srta Trivia e mais eu de internet como un instrumento máis para “prosperar na vida“. Xa é sábido que esta foi a vía utilizada por frikis inmensos. Tamén no eido do xornalismo temos algun que outro caso. E por suposto, no mundo da fotografía a rede é un elemento fundamental.
E esta intro que acabo de perpetrar ven motivada porque hoxe conhecin o trabalho de Rebekka Guðleifsdóttir.  Umha rapariga islandesa autodidacta que consegiu un autentico éxito na sua conta de flickr. A verdade é que a sua obra é heteroxenea e fermosa.

En definitiva: a rede é un sitio marabilhoso de libre intercambio de ideas.

[a ver se pode seguir asi, porque estes días blogger introduciu restriccións  que o ponhen na senda de enxendros como fotolog ou o myspace…. agardemos que non]

Decembro 12th, 2007

Los Carradine

Posted by W. Sobchak in Música

carradine1.jpg
Esto simpáticos muchachotes da barretina son Los Carradine, a última banda que me sorpendeu gratamente. Desde Barcelona rock acustico con letras causticas e claras reminiscencias aos Violent Femmes. Ademáis as minhas fontes dinme que tenhen un directo divertido de vez.
Por certo que os que ainda merquedes discos en formato físico tendes un aliciente co destes rapaces, pois esta desenhado polo grandissimo Juanjo Saez

Souben deles porque estiveron de xira con Manos de Topo que en menos de 10 días estarán pola Galiza! O 21 en La Iguana de VIgo e o 22 no Jazz Vides da Corunha (o de vigo é mais caro… e a min non me extranha….)

Que no, que no, que no, que no pasará el gran circo liberal!

Decembro 10th, 2007

Porto

Posted by W. Sobchak in Wonderful World

porto_ii.jpg

Decembro 10th, 2007

erwin olaf

Posted by W. Sobchak in Fotografía

erwin_olaf.jpg

Estaba eu a fedelhar na Web da agrupación navarra de fotografía cando vin que o home con criterio recomendaba ao holandes Erwin Olaf. Case todo o que lin depois de este fotógrafo falaba dumha figura controvertida de obra hetereoxenea. Abofé. No seu trabalho combina series das que gosto como a da imaxe de arriba con outras de estetica publicitaria que me deixan frío…

E de socato acho a sua serie Fashiom Victim, e non sei se é umha parodia ou non, e non sei se gosto dela ou non…

[Que duro é ser galego]

Decembro 10th, 2007

Stencil en lyon

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

stencil-lyon.jpg
Vía Unghined 

Decembro 4th, 2007

Animalitos

Posted by W. Sobchak in Wonderful World

 hidrogenesse.jpg

[Hidrogenesse ao vivo o pasado setembro no CGAC]