Tarde de expos

Aproveitando umha tarde ociosa, aa pasada sexta estiven a pasear polos museos da cidade velha de compostela.
Comezei na fundacion Caixa Galicia que estan a expor as últimas adquisicións da sua colección. Non moita cousa , mais bastante variada. Gostei dos debuxos de Laxeiro, (era bo o tipo!). Mais sobre todo salientaria umha obra de Desiree Dolron (na imaxe superior), que eu definiría como hipnotica polo tempo que a estiven a mirar. A sua obra gana moitissimo ao vivo.
Intentei logo entar na fundacion do señor ese que era falanxista e escribia libros, mais estaban con umha mostra sobre nonseique do mito do apostolo e entroume umha pereza inmensa.
Así que fun ate a Quintana á Casa da Parra a ver rostros da memoria de Xurxo Lobato, que era a minha intención inicial despois de ler os eloxiosos argumentos de Coeliobriga . Tenho de reconehcer que eu saín decepcionado. É evidente que as fotografias son tecnicamente impecables, de grande formato (nótase onde hai pasta) .Pero, polo menos a min, non me consiguiron conmover (e penso que esa era a sua última intención). Tampouco axuda que a exposicion esté bastante mal montada: a sala estaba presidida por un intenso cheiro a pintura e os focos estan fatal colocados provocando fogonazos de luz reflexados nas obras . Por certo algo que me chamou podersomante a atención é o nome de Lobato e o copiright en enorme en toda-las pezas. Non entendo para que. Resulta innecesario e egocentrico.
Obviamente outra cosa é a historia que hai detras de cada un dos protagonistas. Que como todo o o que rodea a guerra civil da moito para reflexionar sobre a vida desa xeración de galegos… pero eso é outra historia
E quixen rematar na igrexa da universidade, mas cando entrei estaban coa montaxe da vindeira mostra, asi que quedei coas ganas…
(depois fun ao teatro, pero eso é para outro post)

e o segurata? non te imprecou mentres andabas por alo? entretense molestando a xente, os seguindoa, ou preguntandolles que queren, é moi divertido
montaron todo o estarivel nunha semana, non deu tempo a secar a pintura, a organizacion das exposicions e sempre desastrosa, elemento que suplen tirando de pasta e contando con que non vaia ninguen, o dia que dividan orzamento entre visitantes vailles dar a risa
en todo caso, se a lei da memoria entra en campaña veras quen lidera
Absolutamente fascinante, este cadro, encántame. Da un pouco de medo, pero encántame.
Que mirada tan extraña. Con su ojo izquierdo mira con resolución a la superficie de lo que tiene frente a ella y con el derecho va hasta un punto lejano, hacia su deseo… quizá. Es muy misterioso ese desajuste en un rostro tan regular. Y sí, da miedo su resuelta decisión de conseguir lo que se propone, despierta armónicos profundos. Gracias por mostrármela.
Impresionante Desiree Dolron, e xa de paso unha visita virtual ó seu site. Graciñas por traela aquí.
excelente fotografia, las del resto de la web, salvo la de la entrada desmerecen bastente a esas dos.
javier h.