
Aproveitando o domingo soleado, fun a dar un paseo de parque en parque [que bonita é a minha vila!] e asi cheguei ata Vista Alegre, onde puiden ver rematada a sede local da perversa organización a.k.a $gae. [non ponho epítetos, que esos son de demanda fácil]
Non son quen para facer valoracións arquitectonicas.No tempo que estiven lá, pasou bastante xente. Algúns gostaban do predio, e outros non. Fixome especial gracia a conversa enre dous paisanos:
-Eu a esto xa lhe tenho nome: » a casa dos picapiedra»
-Eu xa non sei se esto é avanzar ou retroceder… ti me diras… umha pedra encima de outra.
A min o que me chamou poderosamente a atención, é que a parede de entrada está feita con caixas de cd´s! Non sei o que motivou ao arquitecto, mais semelha umha evidente homenaxe a ese soporte que supuxo o primeiro chanzo de gravamenes indirectos que todo quisqui pagamos a esta sociedade sen ánimo de lucro.. Ti me dirás se esto non é provocar!
E todo esto numha semana na que estos tipos estiveron por Santiago, para regocixo da gentebiendetodalavida, para enfado de activistas sociais, e con total indiferencia para a grande maioría da cidade.
E por último un par de ligazóns relacionadas. Por umha parte onte achei, que os Teddy Boys van de sobrados, e seguen a ganhar amigos en todos os sectores. E por outra lin este lucido artigo de Martin Wu.