A sede de Spectra

Aproveitando o domingo soleado, fun a dar un paseo de parque en parque [que bonita é a minha vila!] e asi cheguei ata Vista Alegre, onde puiden ver rematada a sede local da perversa organización a.k.a $gae. [non ponho epítetos, que esos son de demanda fácil]
Non son quen para facer valoracións arquitectonicas.No tempo que estiven lá, pasou bastante xente. Algúns gostaban do predio, e outros non. Fixome especial gracia a conversa enre dous paisanos:
-Eu a esto xa lhe tenho nome: ” a casa dos picapiedra”
-Eu xa non sei se esto é avanzar ou retroceder… ti me diras… umha pedra encima de outra.
A min o que me chamou poderosamente a atención, é que a parede de entrada está feita con caixas de cd´s! Non sei o que motivou ao arquitecto, mais semelha umha evidente homenaxe a ese soporte que supuxo o primeiro chanzo de gravamenes indirectos que todo quisqui pagamos a esta sociedade sen ánimo de lucro.. Ti me dirás se esto non é provocar!
E todo esto numha semana na que estos tipos estiveron por Santiago, para regocixo da gentebiendetodalavida, para enfado de activistas sociais, e con total indiferencia para a grande maioría da cidade.
E por último un par de ligazóns relacionadas. Por umha parte onte achei, que os Teddy Boys van de sobrados, e seguen a ganhar amigos en todos os sectores. E por outra lin este lucido artigo de Martin Wu.

Iso como unha veciña da rúa das hortas, que ía coa miña nai falando un día polo caleixón -onde están as hortas- que hai alí. Había lá unha escultura que deixara o concello esquencida de cando a exposición isa da cidade interpretada, lembrades? e que semellaba un banco para se sentar a xente. Solíanse sentar nela os rapaciños da rúa para falar e ligar.
Pois o diálogo foi o seguinte:
Sra. Xulia
-Carmela (miña nai), mira os rapaces, que se lles da agora por che vir a se sentar aquí… boeno, ahí non fan mal a ninguén.
A Miña nai
-Sí seica é unha escultura que puxo o concello
Sr.Xulia (co bastón)
Rapaaces! liscade de ahí agora mesmo, non vedes que iso é unha escultura!
tenho um pouquinho de borico….

a volamos polo ar
o borico ese non era para nonseique dos pes????????
be boric my friend
http://www.youtube.com/watch?v=aNnwEwcREtg
Eu conheço posturas para dar e tomar, mas a mim isto parece-me já umha loucura. O próximo passo, será penalizar aos artistas que colam voluntáriamente a sua música em internet, para descarregá-la grátis…
O dos prédios da SGAE, outra demencialidade…é provocaçom e obstentosidade sem limites…
quentei-me pola insinuaçom de fascistas…. senom passaria do amigo de Fraga