xaneiro 24th, 2008

Vai de Vídeo

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho


Atención amigos das innauguracións e demais eventos culturetas, o vindeiro venres na galería df da rua de San Pedro de Compostela inaugurase (valga a redundancia) a mostra vídeo a carta 2 onde poderedes ver trabalhos do Pintor do País (na imaxe superior manipulando o trebelho), Mónica Cabo, Barbará Fluxá, Ruben Santiago , entroutros creadores.

E se vos sabe a pouco, sempre podes andar uns poucos metros ata o CGAC e ver o que se facía nos 80, cando non existia a edicion non-lineal, entre ensambles e insertos.

4 Responses to ' Vai de Vídeo '

Subscribe to comments with RSS

  1. nimoi said,
    on xaneiro 24th, 2008 at 6:36 pm

    a guia minchelin abobinavel recomenda a visita a afamada galeria de san pedro e o consecuente paseo polas tascas da zona, con especial mencion da caldera de pedro botero (tapa vexetal as mais das veces)*** e do ambitus vetter (tapa copiosa en xeral)*** ademais da barrika (mais irregular, pero de bocadillos impresionantes)** no san clodio* poñen algo de queixo e hai espectaculos de humor a cargo do cociñeiro, empanada de cebola no sande*, licorcafe no mosquito* e algun canape neste que esta no cruce do pampin**, ollo aos restauantes que somentes vos daran algun manise… algun deixei de lado para que descubran os aventureiros, a verdade e que a ese nunca lle fun!!

  2. ak said,
    on xaneiro 24th, 2008 at 7:37 pm

    si seguro que no sande nos deixan consumir
    polo menos a ti nom -nimoi-coeliobriga.
    a min si que sonche guai
    :grin:

  3. ak said,
    on xaneiro 24th, 2008 at 7:38 pm

    entom pra manha hai quorum pra inaugurala cousa esta?

  4. W. Sobchak said,
    on xaneiro 25th, 2008 at 9:56 am

    A min saeme o choio polas orelhas asi que non podo confirmar nada :???:

Leave a reply

:mrgreen: :neutral: :twisted: :shock: :smile: :???: :cool: :evil: :grin: :oops: :razz: :roll: :wink: :cry: :eek: :lol: :mad: :sad:


Creative Commons License
O CCCP é um blogue
Creative Commons.