Pequenos respiros

Levo umha semanas preso dun trabalho eventual, que me ten sometido a tiranía de um horario, viaxes en carro e innumerables horas de busqueda de información. De feito, apenas tiven un par de respiros:
Un deles foi a pasada fin de semana, cando vin xa fora de plazo a expo de Santi Jimenez na Zona C. Gostei moito dos seus debuxos (na imaxe de arriba) que me lembraron a algumha das cosas que ten feito Anton Cabaleiro. Viva a sinxeleza!
Despois quedamos pechados en Bonabal e tivemos que andar saltando a verxa…
O outro respiro, foi cando me levaron ao cine ao ver Juno. Umha peli modesta, bonita e agradable. Do melhor Ellen Page e tamen os títulos de credito.
E pouco máis…O tempo é un ben moi prezado, abofé…





Leo en 