febreiro 10th, 2008
Capitan Furilo- pop?
Posted by
W. Sobchak in
Música

A banda de ponteareas Capitan Furilo ven de editar o seu segundo trabalho pop? na Regueifa plataforma. Estes rapaces foron culpables coa sua anterior entrega de que eu tivera o soniquete de “tranquilo Leroy”, metido na cachola durante moito tempo. Nas duas primeiras escoitas as novas cancións non desmerecen en absoluto.
E respondendo à pregunta que lanzan: Pop? pois abofé que debe de ser pop, é do bo, porque a Srta Trivia, que é umha popeira de pro, deulhes a sua total aprovación.
E o que me amola é que nunca os vin ao vivo… e desta semelha que tampouco se van achegar moito a min. Se cadra o 5 de abril na sala planeta de Sarria…
