
Warning: Post nhonho!!!
Ando estos días medio saudoso (xa sabedes…) e hoxe , non sei por que, lemrbei de umha curiosa anécdota.
Na institución na que estiven preso durante os meus anos escolares había un personaxe que non tinha umha función definida, máis ala de pasearse polos corredores e botar as broncas de turno aos incautos que collía fora da clase. Nin que decir ten, que eu pertencía habitualmente a ese colectivo.
Non tenho moi claro cal foi o meu momento cumio con este individuo. Umha vez aos 15 anos soltoume “ ya se os ve quienes soys, con esa pinta de delincuentes… no se como os dejan salir así de casa” [seica a estética grunge non era santo da sua devoción] Un ano máis tarde, de novo nesos íntimos encontros nos longos e valeiros corredores, susurroume enérxicamente “es una pena que no me dejen tocaros que si no ya verías” [quero pensar que era umha ameza violenta e non sexual!]
Mais a bonita frase da que me venho de lembrar , é de um día que nos obsequiou a todo o meu grupo de 3º BUP cun alentador semón “teneis que estudiar, y mucho. Porque si no, no podreis hacer nada en vuestra vida… salvo entrar en bellas artes”
E desto lembreime, porque a vida levoume a, durante a época universitaria, a compartir casa, broncas domésticas e moitas fermosas experiencias cos únicos companheiros da citada institución que tiveron o talento suficiente de estudar Belas Artes. E co paso dos anos podo dicir que son das persoas que conhezo que tenhen umha vagaxe intelectual mais profunda dentro dos seu ámbito profesional. E non fai falta nen mencionar o enorme esforzo que están a levar a cabo para sacar a díante a sua vocación.
En fin, na vida tropezas con umha grande cantidade de ineptos…e afortunadamente tamén con xente valiosa que compensa un pouquinho a balanza