Marzo 25th, 2008
Atlantik Wall
Posted by
W. Sobchak in
Fotografía

O domingo a tarde quedei co meu amigo afamado para tomarlle umha, falar da vida,e ver umha expo no seu derradeiro día (xa comeza a ser umha tradición). Foi Atlantik Wall no colexio de arquitectos [aquí un metacomentario]. Gostei da montaxe, notábase o toque minimal dos do gremio. O que non entendín foi porque o seu percorrido ía desde As landas ata o Mar de Noruega, sen entrar nunca na costa da península iberica. Porque francamente moitas partes do litoral galego terían cabida nesta mostra… e para umha vez que o noso urbanismo se pode englobar nalgo co seu entorno europeo teríamos que ter aproveitado!
Por certo que Atlantik Wall é o nome das baterías de defensa que os nazis eregueron durante a IIWW
