pausa


Pois mentres o amigo chatarrista adicase a seguir as ensinanzas de lutierismo de Fela Borbone de ulan bator trío, eu acho [vía fotomaf] que o 27 deste mes é o día mundial da cámara estenopeica. , que ven sendo esto
Ese día eu vou estar retido nun edifico da administración, pero vos podedesvos animar a fabricar umha e experimentar cos haluros de plata. Seguro que saen cousas bonitas! (eu quero velas despois)

O_o
Onte fun a umha tenda de música e descubrín esta guitarra. Ainda tou a flipar! Tenhen web propia é todo
[Bacorinho, se algun día son funcionario prometo regalarcha, que penso que te ía quedar quenindios]

A última cousa bonita, e popeira, que achei son The Tellers. Que venhen sendo os niño y pistola de Bélxica, e non só pola música senon tamén pola sua Web [estética similar a aquela cousa demencial que antes tinhan os de Baiona, afortunadente xa mudaron]
Espero que esto non me reste puntos no carné de rockeiro pero ando sensibleiro… (mi amor ya tu sabes)
A imaxe é de Arno Paul

ou se non lede a última de Tedius Bautistus, centurión maior da $gae.
Lembro que hai anos escoitara umha entrevista del en discopolis de Radio 3 (que foi a cousa máis servil que eu tenha escoitado desde as de Urdaci a Aznar) e dérame a impresión de que este senhor tomara un tripi na epoca de los Canarios e quedara lá colgado. Esto non fai máis que confirmalo

vía foto microsiervos acho a obra de The Polaroid Kidd, umha estupenda serie sobre os mendigos que viaxan nos trens polos EUA adiante. Semelhan sacados de umha peli sobre a gran depresión do 29

Pois con esto das minha incertidumes vitais e as minhas adiccións [reconhezo que son o Enjuto Mojamuto do Flickr] ando completamente desconectado no apartado músical. Mais hai novidades:
compre sinalar que o Sr Chinarro sacou novo disco e esta finde anda por aquí [ ponho umha ligazom relacionada da rapariga esta que escreve tan ben]. Tamén tenhen o novo trabalho os rapazolos de Ataque Escampe, que podedes descarregar na regueifa. E completan a tríada os Ruxe-Ruxe e o seu novo «Xigantes» con desenho gráfico [ver imaxe superior] de arinspunk [que xa é moderno e xa ten maiespeis deses]
E por último lembrar ao sector lugoslavo que os Capitan Furilo andan este sabado por Sarria [eu non vou poder ir]
… e para rematar quero deixar no aire que quero ir ver esta.…

Atención lectores do CCCP sección Madrí [confirmados 2, o que os convirte numha importante porcentaxe do total] Desde onte xa é publico o programa do Festival PhotoEspaña deste ano. Coma sempre ven cargadinho de cousas bonitas. Sin dubida esta debe de ser umha desas vantaxes, das que tanto falades, de vivir na capital do I.P.
