Kim Høltermand
Luz dinamarquesa + Arquitectura dinamarquesa = Kim Høltermand
Luz dinamarquesa + Arquitectura dinamarquesa = Kim Høltermand

A terceira,martés, tocou sesión vespertina de cine. E a carteleira dumha vila de provinicias non está para moitas alegrías [ e logo culpan da crise do sector ao P2P] A elección foi Cobardes de Juan Cruz e José Corbacho.
Que conste que é umha peli digna. Xira ao redor do medo e a sumisión. E ainda que as veces o guión é un chisco indefinido, ten momentos nos que consegue que sintas inquedanza na butaca, o cal é un mérito. As personaxes son cribles [ agas o da amiga do protagonista, na minha humilde opinión] e os actores estan ben [a pesar dos prexuizos que se poidan ter de Paz Padilla]. De ter que salientar algún, eu quedaríame con Antonio de la Torre
Lembro que no primeiro filme destes directores, Tapas, o sesusdo Boyero acusáraos de facer umha utilización televisiva da cámara. Desde logo nesta ocasión non é así. Non é que sexan Orson Welles, mais a dirección de fotografía é bastante aceptabel.
En fin, que é non é umha marabilha pero desde logo presta máis que a maioría da bazofía ianki que asulaga as nosas pantalhas.
Actualización: numha revista de sala de espera, vin o típico gráfico de resumo de puntuacións de críticos cinematográficos, e non a valoran moito. Así que xa sabades: a ver Iron Man
Penso que a primeira vez que reparei con atencións nos titulos de credito dumha peli foi en Seven. Desde aquela considero que son parte fundamental de calqueira filme[ excepto os de Woody Allen, a quen lle perdoo o seu aburrido clasicismo]
Pois, o grande pioneiro nesto dos créditos foi Saul Bass. Autor dos de Vertigo que podedes ver arriba, e de un sinfin deles máis que podería enumerar. Mais melhor deixo un enlace aos seus choios no youtube. Se tedes tempo poderedes deleitarvos co seu coidado estilo.
POr certo, que relacionado con Bass achei umhdas destas marabilhas que hai colgadas pola rede. Umha creación dum tal bhilmers de como serían os créditos de Star Wars se foran feitos por Bass. Xenial
E non podo escrever un post sobre créditos e non ligar a os créditos televisivos que mais me tenhen fascinado nos últimos anos: Dexter e Six feet under … non sei de cal gosto máis

Hoxe, 14 de maio, cuarta feira, ás 20 horas o rapaz que sae desenfocado na foto innaugura a sua mostra na Zona C de Compostela.
Haberá petiscos de balde, eso sí, vexetarianos [mais que conste que o artista é un maldito converso. De feito eu descubrin canda el o Brea, sacrosanto templo do churrasquismo]
Tades avisados!

O outro día fun ver Miradas alleas [por certo, detesto a metalinguaxe dos comisarios de arte].coa Srta Trivia. Á saída tivemos um pequeno debate, pois ela dicía que non lhe cadraba o alí exposto co lema da expo. A min si. Basicamente colleron fotógrafos foráneos que tenhen retratado esta parte do mundo. O que penso é que non hai un criterio de selección moi definido Hai de todo: desde autores de finais do SXIX que visitaban esta terra ignota, ata convidados da tristemente desaparecida fotobienal de Vigo, pasando por membros do star-system do obturador, como Sebastiao Salgado.
De todo esto deduciredes que o resultado é moi heteroxeneo.
Cada quen sacará a sua lectura. Eu quedeime co tema da ordenación do territorio e de como a segunda metade do século XX supuxo a destrucción da paisaxe galega a mans dos galegos, tanto no rural como no urbano [ o caso de Vigo pareceme especialmente lastimoso]
Miradas alleas está na Igrexa da Universidade de Compostela ata o 18 de Maio así que podedes ir vos mesmos a comprobalo.
A imaxe de arriba é Volunteer watching, volunteer smiling de Allan Sekula
A partir da versión-machuco chiki-chiki vs matar jipis en las cies que fixeron en Buenafuente, puxenme a youtubear por vídeos de Siniestro Total [eu son superfan]. Desde logo revisitei o xenial Menea el Bullarengue , que podedes ver arriba [por certo, penso que os novedades carminha ían gravar un video homenaxe a este, pero non se voltou saber nada del]. Decanteime por as cousas mais antigas que achei, entre elas umha entrevista no mítico la edad de oro E por um erro inexplicabel pinchei numha entrevista de Golpes Bajos. Copini sempre me aburriu… pero o Teo Cardalda! Parece incribel pero conseguiu indignarme en diferido con 25 anos de diferencia. Tremendo pretencioso insufribel. E todo esto sen citar que un tipo que é o responsabel de Cómplices [perdón polo link], merecería como mínimo umha tempoada na cadea por danos a cultura da humanidade… en fin
Para rematar, umha pequena mostra dos verdaderos comezos punkis destes simpaticos vigueses
Esto de estar todo o día zapateado na casa ten o alto risco de caer no perigoso vicio do zapping compulsivo. Numha desas, hoxe topei con The Hudsucker Proxy (a.k.a El Gran Salto) e a parte emotiva do meu cerebro comezou a funcionar. Eu fora a ver este filme ao Salón Teatro por Jannifer Jason Leigh (un dos meus amores platónicos de adolescencia) e sen ter nen a mais remota idea de quen eran os irmans Coen. Sain do cine fascinado ( e iso que Jennifer apenas amosaba pel, algo raro na sua filmografía) a dirección de fotografía, a dirección artistica, a montaxe…. (aquí un exemplo).
Din os críticos que é umha obra menor dos Coen. Pero para min é fundamental xa que foi o primiero vin deles. E por o meu alcume suponho que se poderá deducir que son un absoluto admirador destes dous. Penso que son uns tipos que aman o cine e que mesmo cando fan pelis malas (ladykillers, ou crueldad intolerable) son quen de ofrecer algo fermoso nelas. E paso de entrar polo míudo en cada una das suas multiples obras mestras que ía sair un post de dimensións enciclopedicas.
Ala, a ver se me animo a dar o paseo terapéutico do día…

Onte, vía chuza, descubrin que La Razón é un xenial continuador da tradición do humor absurdo espanhol. E se non mirade como contan esta historia sobre umha conferencia de Sechu Sende, que ofrece aquí a sua versión.
Para esmendrellarse, ou non?
E falando de obscenidades en linguas terminais, quero dicir que gostei moito do relato ganhador de feve a rede…
Os galegos somos uns dexenerados
