The Hudsucker Proxy
Esto de estar todo o día zapateado na casa ten o alto risco de caer no perigoso vicio do zapping compulsivo. Numha desas, hoxe topei con The Hudsucker Proxy (a.k.a El Gran Salto) e a parte emotiva do meu cerebro comezou a funcionar. Eu fora a ver este filme ao Salón Teatro por Jannifer Jason Leigh (un dos meus amores platónicos de adolescencia) e sen ter nen a mais remota idea de quen eran os irmans Coen. Sain do cine fascinado ( e iso que Jennifer apenas amosaba pel, algo raro na sua filmografía) a dirección de fotografía, a dirección artistica, a montaxe…. (aquí un exemplo).
Din os críticos que é umha obra menor dos Coen. Pero para min é fundamental xa que foi o primiero vin deles. E por o meu alcume suponho que se poderá deducir que son un absoluto admirador destes dous. Penso que son uns tipos que aman o cine e que mesmo cando fan pelis malas (ladykillers, ou crueldad intolerable) son quen de ofrecer algo fermoso nelas. E paso de entrar polo míudo en cada una das suas multiples obras mestras que ía sair un post de dimensións enciclopedicas.
Ala, a ver se me animo a dar o paseo terapéutico do día…

Pois espero entón que nos vexamos as caras alá por xuño! A ver se toca en Santiago e non nos temos que mover da casiña. A cuidarse moito!
Meu, estou contigo. Espero que a túa recuperación sexa rápida e feliz. Tes uns amiguiños no sul, xa o sabes.
Fritanga