Jimenez Los Santos enlatados

A última, e potente, banda saída da factoría de vila-pexego ven de estrear maiespeis.
Tan só ten umha pilula de 50 segundos, máis é altamente aditiva

A última, e potente, banda saída da factoría de vila-pexego ven de estrear maiespeis.
Tan só ten umha pilula de 50 segundos, máis é altamente aditiva

[warning: post con alto componhente de auto-bombo]
Estes seres humanos tan formalinhos de aí arriba son os galardonados cos premios photoespaña 2008, dos que me enterei vía número f. Aí podedes ver os links a todos eles.
De todo-los xeitos o que me chamou a atención é que o Premio Descubrimientos PHE Epson foi para Yan Gross, un home do que xa faláramos aquí meses atrás: CCCP a crear tendencias desde 2006!!

Cia de foto é umha axencia fotográfica de Sao Paulo. O seu site está en inglés e en flash (aparente e pelin incordio de navegar). Nel podedes ver parte do seu trabalho.
Asemade tenhen umha conta en flickr con un proxecto sobre a intimidade deles, baixo licenza creative commons.

Nazario Graziano é un ilustrador italiano, que entroutras cousas homenaxea a este humilde blogue
(vía artysmedia)

Non podo deixar de dicir que na edición deste ano do a polo ghit, eu devezo pola peza do Duo Estupido Mascalzone, que por certo ven de estrear un indiscriptibel video. Estes dous mascalzones non son outros que a base rítmica máis mitica da musica contemporanea galega (Fran Amil e Anton Dias), poderosos retelleadores de garrapateas como diría o outro, e que agora xa prescinden de cantantes, guitarristas e demáis elementos superfluos
Tamén tenho de dicir que penso que o que máis se parecería a umha canción de verán é o tema de Projecto Mourente, e que o meu corazón está con Grupoh, que como músicos son umhas grandes persoas…

Levo xa máis de 3 meses de inactividade. E hoxe decateime de que é algo que se reflicte na computadora. Na bara dos programas mais empregados de Windows desapareceron todos os da familia Macromedia, cos que antes pasaba moitas, moitas horas ao día…
E como tamén tenho esto descoidado, deixo aquí esta proba de vida e asimiliacion de realidade.
