
Robert Capa [ + imaxes ] estivo no desembarco de Normandía, en Omaha beach, retratando ese momento [ o imprescindible comezo de Saving Private Ryan está directamente inspirada nas suas imaxes] Tirou 106 fotografías pero no laboratorio estragaron case todo o seu trabalho[apenas se salvaron 11]. Imaxinade a cara de parvo que lhe debeu de quedar ao home despois de xogarse a vida para nada…
Eu esta fin de semana estiven no Cultura Quente e no Festival de Ortigueira retratando eses momentos. Tirei moitas fotos. E esta manha umha basura de computadora toda infestada de virus acaba de deixarme sen imaxe nengumha [formateoume a tarxeta] Imaxinade a cara de parvo que tenho agora mesmo…









