Amor 2.0

Umha parella de chineses (da republica popular e da outra) conhecéronse por internet, foron vivir xuntos, foron moi felices, menos felicies e romperon. E de toda esta historia fixeron un fermoso diario visual en flickr

Umha parella de chineses (da republica popular e da outra) conhecéronse por internet, foron vivir xuntos, foron moi felices, menos felicies e romperon. E de toda esta historia fixeron un fermoso diario visual en flickr
![]()
Estes días, e con moito retraso, vin Ghost in the shell. E deixando a parte o seus plantexamentos ideolóxicos, penso que é un filme visualmente fermoso de vez! E afirmo que é un chanzo obrigado para comprender a evolución da estética da ciencia ficción entre Blade Runner e The Matrix. [E tamén para comprender parte do traballo dalgún cóleguita]

Xa ía tempo que non falaba aquí de ilustración. Hoxe, vía multimedial, estiven a navegar o site de La Pendeja, e a verdade é que foi umha experiencia deliciosa. Tras ese alcume chilango está a ilustradora Nuria Aparacio [aquí o seu blog] quen tamén é autora de curiosas animacións [de feito traballou en La Crisis Carnivora].
Cousa bonita

Nas últimas vacacións tiven a sorte de falar co fotógrafo asturiano Adán Fueyo. Dentro do estilo documental, xa ten retratado boa parte do globo terraqueo.
Non falamos delo na nosa conversa, pero agora ao ver a temática, os grises, e mesmo o equipo, da sua obra non podo evitar lembrarme do grandissimo Cartier Bresson

Manha, cuarta feira, a noite na sala Run Rum de Ferrol toca Lula. Para despistados decir que é a banda da vocalista de Los Romeos, e que hai un par de anos en Radio 3 non paraban de pinchar o seu single California.
Eu sería máis de ir ver a Sex Museum a Sada, pero o meu partenaire para estas cousas anda por Italia, así que creo que desta non vai ser.
[mimá, menuda tensión que venho de pasar no partido da basket China-Espanha...]

Confeso que gosto das olimpiadas. E xa sei que resulta moi pouco cool. E tamén sei que a maioría dos meus 4 0u 5 lectores aborrecerán delas. Mais suponho que a todos nos resultará de interese o relato dun fotográfo [JMC] en tan magno evento que publican en Carborian.
E para os que detestan o deporte mesmo como tema coletaral, deixo un link semellante: o relato dun fotógrafo no Fib [Atchung: van 7 entregas e seica ainda non rematou...]

Tras a Cow Parade e a Chicken Parade chega The Vader Project. Eso sí chega a Xapón, que un deses remotos lugares que non alcanza o Castromil
Vía Guten:Ver

Venho de descubrir, con un lustro de retraso, a The Martinis, a banda de Joey Santiago o guitarrista de os Pixies. Santiago é o responsabel daqueles marabillosos e desquiciados solos, e resulta ser o herdeiro máis fiel do son dos de Massachusets.
Suponho que xa todos saberedes o que estes anos andaron a facer o Gordo e Kim.

Xa comentei que estivemos a facer o guiri uns días. Foi por Cantabria, e un chisco por Asturias. Coido que a descrición das aventuras e desventuras de un blogueiro e umha fotologueira polo mundo adiante non ían ser de moito interese para a humanidade. Mais si vou deixar umhas poucas notas por se alguen ten previsto ir por lá e quere ter algumha referencia.
Praias: A verdade é que son bonitas de vez. As de Oyambre e Liencres son impresionantes, ainda que están ateigadas e padecen demasiado «ambiente familiar» para min. Da que máis gostei, con diferencia, foi da de Langre (pasamos horas agradables nela). En Asturias a de Torimbia é tan fermosa como dificil de acceder e abarrotada está
Vilas: Comillas e Santander, son moi “senhoriais”, en exceso para un baldroas coma min, mais abofé que prometen moita calidade de vida. San Vicente de la Barquera ten umha fermosa parte vella e umha nova un chisco cementada. Santillana del Mar semella un parque temático medieval, ainda que é de verdade e tenha merito tela conservado así. O litoral oriental “goza” de un 100% mediterranean style.
Outros: O parque de Cabárceno, non deixa de ser un zoo, co bo é o malo deles. O lugar físico é moi fermoso e a visita (obrigada, de facto, en carro) cansina. O centro de interpretación dos Picos de Europa de Sotama é un dos mais impresionantes dos que eu tenha visto. Descender o río Deva é moi, moi divertido. E o camping Las Arenas de Pechón e probablemente o melhor no que eu tenho estado na Peninsula Iberica.

Presta a serie dos quioscos de NY de Rachel Barret . Vai na linha doutras cousas das que xa temos falado por eiqui

Levo 10 días fora a facer o guiri, así que non puiden dar aviso antes do Festeiro Rock 08. Por suposto pasamos por alí, e foi para ben. Umha magoa que non houbera un chisco mais de xente, porque o lugar, ao pe da praia, é o marco idóneo para facer un festival acolledor estilo Felipop, con un pelin mais de distorsión.
As bandas cumpliron todas: Os telephones rouges un chisco noises de mais para min; os Metralla deron todo un repaso pola minha adolescencia musical, sen desmerecer aos orixinais [agas no cambio a reage de Jimi Jazz version Kortatu); Jimenez Los Santos potentes, poderosos e divertidos, Samesugas... non hai que dicir nada deles, 100% eficaces; e pechando os Novidades Carminha que confirmaron que son un impresionante grupo , enerxéticos, ruidosos e con actitude de sobra... imposibel de mellorar.
En rematando os concertos a cousa non daba para moito máis [suxerencia para o vindeiro ano, sesión de dj´s!!] Así que a dormir axinha. Aí quedou demostrada a lei universal da zona de acampada dos festivais: «Por moi pequena que sexa sempre te tocará ao carón dos máis anormais…»
E ao día seguinte epilógo perfecto. Praia, banho, xantar delicioso [ ameixas, navalhas,lingua estofada...], Chupitos caseiros e cancioneiro popular con algúns dos protas do día anterior…
Muito bom!
