CCCP

Setembro 23rd, 2008

pica discos W. Sobchak

Posted by W. Sobchak in Outras lerias


E para culminar a semana de autobombo deixo constancia de que a vindeira sexta feira, estrenareime como pica-discos na divertida festa temática de cine negro (e cumpleanos) que comezará as 22:30 no local de San Carlos de Ferrol. [podedes ampliar o cartaz premendo nel]
Achtung!!: A minha sesión será completamente esquizofrenica, non penso levar nada preparado (ando sen tempo ningún) e picarei o que me pida o corpo… miedomeda….

E antes o plato forte tocarán ao vivo uns punkis episcopais e uns malos de spagueti western ferrolanos, como din os outros: que mas quereis, joder!

Tades todos convidados!! [pero lembrade o dress code:cine negro]

Setembro 23rd, 2008

Titanes land

Posted by W. Sobchak in Fotografía


Mira que estiven eu a facer o parvo coa máscara, e nin se me pasou pola cabeza que con ela se podían facer cousas tan xeniais como o proxecto Titanes Land de Lionel Bayol-Thémines !

[vía dadanoias]

Setembro 21st, 2008

LLevar machete siempre es conveniente!

Posted by W. Sobchak in Fotografía


inspirandose nos TAB para nomear o resultado de:  pequena resaca + machete de cocina común + parede de cor burdeos + foco + coleguitas dispostos a aturarme
[ esto foi umha pequena pilula de autobombo]

Setembro 19th, 2008

Anton Cabaleiro en Ourense

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Hoxe día 19, sexta feria, o afamado artista Antón Cabaleiro innaugura a sua mostra na galería Marisa Miramón de Ourense. Nela poderase ver as cousas bonitas que anda a facer o home este pola banda de New York.

Acudan voçes: A obra promete, os petiscos van ser de calidade e mesmo o raparigo e ben parecido. E de paso podedes aproveitar para irvos dar un banho as temas ou ir botarlle uns bailes ao reperkusión

Non hai excusa para faltar!!!

Setembro 14th, 2008

Hans van der Meer

Posted by W. Sobchak in Fotografía

O amigo ak77 voltou do seu periplo polo imperio austro-hungaro, e fixoo traendo a boa nova de Hans van der Meer, do que viu a súa interesante mostra sobre porteiros europeos de terceira división . No link podemos ver que o home sigue a traballar en distintos proxectos na mesma linha.

Setembro 14th, 2008

Dancing King

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

[gv data=”FWJ5c-sjUew ” width=”450″ height=”350″][/gv]

Tremendas maniotas que apanhei as dúas útlimas veces que fun ver aos samesugas [ que bos que son!] tradando de emular, en balde, o espectacular baile do raparigo de laranxa do video. Sen dúbida o gogo definitivo!

Para despistados do underground galaico, aclarar que o poderoso bailarín é o Sr Anido, ubícuo personaxe que vai deixando o seu talento neste, neste, neste e neste entroutros proxectos…

Setembro 11th, 2008

O alfabeto de Eric Tabuchi

Posted by W. Sobchak in Fotografía


Mira que gostei do alfabeto  a base das letras dos desenhos de trailers de Eric Tabuchi!

Setembro 11th, 2008

Parrockcheira 08

Posted by W. Sobchak in Música


Manha día 12 , sexta feira,  será o día grande das festas de ferrol vello [barrio que podería ser tan bonito como abandonado está] co desembarco Xurásico: Samesugas, Royalties e The Homens ao vivo a partires das 22:00 h

Setembro 10th, 2008

Ryan Mcginley

Posted by W. Sobchak in Fotografía


Lin onte nun blog umha proposta de  comparacion entre Spencer Tunick e Rian Mcginley. Penso que a comparación é absurda (nada en común agás os modelos nus) pero valeume para descubrir a obra de Mcginley. Seica hai quen o compara con Nan Goldin ou Wolfng Tillmans.  Tampouco concordo . Abofé que acada umha estética moi similar, e fermosa de vez… Mais Mcginley retrata situacións artificiais creadas por el.  Nada que ver.

Setembro 9th, 2008

Umha de Banda Desenhada

Posted by W. Sobchak in Livros


Informamos a os prensentes que desde o vrao W. Sobchak voltou  desfrutar coa lectura de comics, asi que vou falar un pouco deles.

Todo comezou porque a Srta Trivia chegou a casa cos 11 primeiros números de Odio de Peter Bagge.  Eu xa lera os primeiros a mediados dos noventa, cando supostamente a minha idade e o contexto eran os propicios, mais non me dixeran moito. En cambio desta volta desfrutei como un anano coas aventuras de Buddy Braddley, e xa tenho encarregados os tres derradeiros albumes.

Logo Merquei A conta atrás [Factoría K]. Coido que é umha excelente crónica do que pasou na época do Prestige e penso que é um libro que debería estar no maior número posible de estanterías galegas.   Gostei de vez dos desenhos de Sergi San Julian [os da imaxe de arriba]. O guión é de Carlos Portela aka Doutor TNT [ hai meses que tenho na cabeza un post que non dou escrito sobre Carlos Portela vs Mauro Entrialgo, baseado no enfrontamento El año de la Garrapata vs Gente Pez]

E a minha última adquisición ( en realidade non e minha, xa que é un agasallo, mais eu aproveiteime…] foi Como Conejos de Ralf König. Que devorei a tarde do sábado escachando coa risa.

Seguiremos a informar…

Setembro 9th, 2008

Non son ben

Posted by W. Sobchak in Outras lerias


Emprego esta expresión nortenha para referirme aos senhores de Aguas de Mondariz. Vale que os seus directivos sexan uns reaccionarios, nada fora do común na clase empresarial galega. Mais non paso que ainda por riba se metan en fregaos políticos sen moito xeito… e a súa campanha de comunicación para defenderse sexa tan, tan absurda do inverosimil. [aquí explican un pouco o asunto]

No mundo que vivimos apenas somos consumidores Pois a tomar as nosas decisións como tal toca.
E todo esto ven a que, por todo o arriba escrito, súmome a campanha contra estes señores (con ñ de ñoños) que anda estes dias polo blogomillo adíante. [e que conste que eu levaba tempo a mercar Cabreiroá que lles dan mil voltas no referido a packaging]

Setembro 8th, 2008

Cashback

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Cashback é o último filme decente que vin, por recomendación directa do senhor Bacorinho. Está dirixida polo fotógrafo Sean Ellis. E este dato non é gratuíto xa que  o melhor da peli é a sua estética [chea de preciosos planos, grandes angulares e umha curiosa paleta de cores] e o máis frouxo é o guión [cun ritmo moi asincrónico, e de feito a historia podería ser a de calqueira comedia universitaria yanki, obviamente contada dun xeito completamente distinto]
Como curiosidades dicir que esta baseada numha curta homónima do mesmo director que fora nominada aos premios famosos eses, e que Sean Ellis  gosta moito, pero moito, das tetas grandes. [non sei porque pero as clientes do super de debaixo da minha casa non son así!!]

E como ideas relacionadas dicir que hai umha escena un campo de futbito similar o da intro de Trainspotting, e que como galego pseudomoderno non puiden evitar lembrarme desta serie fotos de Janite

Paga a pena

Setembro 3rd, 2008

Be kind rewind

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

No CCCP somos admiradores declarados de Michel Gondry [e xa temos falado del]. Os seus filmes son fermosos, surrealistas, agridoces e divertidos. Por eso recomendamos poderosamente Be Kind Rewind , aka rebobine por favor [que por certo nunca chegou a estrenarse nas pantallas de por aquí. Bendito P2P! ]