CCCP

Outubro 30th, 2008

los purificados

Posted by W. Sobchak in Fotografía


A de hoxe foi umha manha de paraugas, pedra mollada e xestións adminsitrativas.  Polo medio quixen ver cousas bonitas… Máis cheguei tarde a mostra do coleguita, ainda que polo menos puiden coller umha postal para decorar [ocultar] o moble do salón.

Logo fun ao museo municipal a innaugurar o meu outono fotográfico. Na planta baixa está a expo de Maribel Longueira. O ponto de partida é interesante, mais o resultado non me dixo moito [ainda que xa sabemos que os gustos son algo moi persoal]

E no primeiro andar tiven o feliz descubrimento da mostra  A perfect day do colectivo los purificados.  As  colectivas son caralludas porque ves de todo un pouco, e sempre achas cousas que presten. Desta vez eu gostei de Julio Hardy (a imaxe de arriba e del) e  María Castellanos [e dalguns mais, pero non vou ser pesado citando a todos!]

Outubro 29th, 2008

Fito en Ourense

Posted by W. Sobchak in Outras lerias


E non falo do patilludo que cantaba numha gran banda de rock, agora reconvertido a rockerito fresa. Senon do festival de teatro internacional que estes días estase a celebrar en Ourense. Ainda non puiden ir a nada, pero espero que de hoxe non pase…

Non sei quen era o que dicía que ourense era un estático paramo cultural . Levo por aquí un mes e xa van o Festival de Cine, o Festival de Teatro e o Outono fotográfico… como dicía o outro “que más quereis, joder!

Outubro 23rd, 2008

Obra de Quico Cadabal

Posted by W. Sobchak in Outras lerias


Tampouco deixara aquí constancia de que fun con Mr Leucocito a ver o último especáaculo de produccións excétnricas: Obra de Quico Cadaval.  O texto xira ao redor da vida dos albaneis de NY de principios do século pasado… e  de como afrontan a crise do 29.

É divertido. Mestura elementos interpretativos do cine mudo, dos musicais cunha interesante concepción da escenografia.  Tamén é certo que as veces, poucas, deriva cara o monologo trascendente, xénero que aborrezo. Mais en liñas xerais é umha obra moi recomendabel.

[…por certo, todo esto de que ando moi liado non deixa de ser umha excusa para pechar o blog, que seica é o novamás… ainda que, por outra parte, eu nunca fun de seguir tendencias… en fin, como dicía o outro: non debería pensar  tanto na matanza do porco…]

Outubro 20th, 2008

Di algo de Flix

Posted by W. Sobchak in Livros

Continuamos coa banda desenhada: pois despois da auotobiografia naif e con toques surrealistas de G. Bell pasei ao bocado de cotidianidade ,contado cun estilo clásico,   que é Di Algo do alemán Flix. Quen ten o mérito de convertir nun divertido libro umha sinxela e simple historia de amor que calqueira pode ter vivido ao longo da sua vida. Sera polo punto  de europeidade, pero gostei moitisimo mais do teutón que da ianki.

Por certo, Flix pareceme un autentico xenio no control do ritmo narrativo… he dicho!

Outubro 20th, 2008

Alvaro Rioseco

Posted by W. Sobchak in Fotografía


Levo días querendo dicir que me prestan algumhas das imaxes do chileno Alvaro Rioseco. Concretamente algumhas das imaxes detalle de espidos  [xénero do que esta saturado a rede e  que poucas veces chama a minha atención ]
….Mais con esto de currar, un non ten tempo para nada!

Outubro 17th, 2008

Irina Palm

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

O ouff está a ser terribel [agardo achar tempo para escribir a minha crónica de tan magno evento].  Do que máis gostei foi dumha peli fora da programación: Irina Palm de Sam Garbaski que nos puxo o seu productor Sebastien Delloye dentro dumha Master Class [ foi curioso e moi enriquecedor tratar cun home que traballa con productos de 4 millóns de euros]

O filme non é a 8º marabilla, mais podese ver sen revolverse na butaca… E a  nivel visual ten mais de umha imaxe meritorias. Especialmente todas as rodadas no clube.

POr certo, entrei despois dos creditos e non reconhecín a Marianne Faithfull en nengún momento. Vaia cinefilo de medio pelo que estou feito!

Outubro 13th, 2008

ouff

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais


Esta semana estase a celebrar o Ourense Film Festival, ocasión única para ver cousas bonitas e atípicas… ainda que non estea moi ben organizado e os tipos non sexan o colmo da simpatía [todo hai que dicilo]

Outubro 9th, 2008

Afortunada de Grabielle Bell

Posted by W. Sobchak in Livros


Aterrando na minha nova vida, apenas tenho tempo para nada… Si que puiden ler um dos agasallos da rapaza da festa. Afortunada é umha novela gráfica de  Gabrielle Bell .
Mentres a lía tinha a sensación de estar a ver a típica peli independete americana, sobre bohemios de vintentantos en NY. Non me dixo moita cousa, pero si que da para pensar sobre a incomunicación que esta xente está condeada a sufir na capital do mundo.
Gostei de lela porque é algo diferente ao que eu vera ata o de agora, mais non sei vai convertir numha autora de referencia para min, nin moito menos.

Outubro 6th, 2008

Wristcutters

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Desta vez, as recomendacións cinefilas de maese Bacorinho si que foron afortunadas. Wrsitcutters é umha orixinal peli de Goran Dukic que mistura umha narrativa similar a de MIchael Gondry con umha fotográfia digna do mais xenial William Egglestone.
Os escandinavos tenhen o Valhalla como o lugar onde os guerreiros que morren en combate van a pasara a eternidade. Dukic mostranos como sería o lugar onde os suicidas van pasar a eternidade. Un lugar destartalado, azulado e onde a xente non pode sorrir.  E nesta peculiar paraxe o director amosa umha road movie con historia de amor incluida.
Cando fixen a analoxía con Gondry, non foi gratuíta. A pelicula amosa umha realidade moi peculiar, pero o seu tempo é irregular e o ritmo as veces resintese… mais penso que o resultado paga a pena.
Por certo o casting tamén é peculiar de carallo, o rapaz de casi famosos (que xa medrou), Tom Waits e umha fermosisisma actriz de orixe hawaiana