
Levo un tempo a vivir sen tv. Sen o electrodoméstico quero dicir, porque sigo a consumir productos producidos para a tele [e non pretendo ser snob nen pendante, que son o primeiro en consumir productos basura en interneeeee] Pero o certo é que gasto tanto tempo na rede que apenas tenho tempo para ver outras cousas. Así que refuxiome nas SitCom de 30 min, para ansiar as minhas ansias de ficción televisiva e por outra banda para adestrar o meu oído no idioma saxón. E aproveito esta introdución para homenaxear a Rob Fleming e facer o meu top 5 de series de 1/hora:
5_My name is Earl. tardei en pillarlle o punto. Pero acabei entrando de vez no seu humor, e a día de hoxe provoca en min 30 min de hilaridade constante. Na web podedes ver directamente bastantes episodios
4-Pluton BRB nero. O mellor que se fixo ate o de agora en ficción en España. Sen dúbida algumha. Recupera ao Alex de La Iglesia mías friki e mais gamberro, na linha da súa xenial ópera prima. Tamén podedes vela na rede
3- The Big Bang Theory. Outra dose extrema de frikismo. Tamén é certo que mesturado con doses edulcorardas de tópicos da ficción ianki, mais nunca deixo de escachar da risa con eles. [con este serie sintome un ignorante de inglés, non entendo case nada...]
2- Californication. Con formato de sitcom [incluso en Cuatro quixeron vendela así] pero non é unha sitcom. Adorei a sua xenial estética e un guión bastante crudo [agás o final]. Fixo que eu soportara a Mulder! [os amantes das tetas siliconadas tamen gostaran moito dela] A ver si non a cagan na 2º temporada
1-The IT Crowd. Perfecta. E non tenho nada máis que dicir…. [bueno si, queremos máis!!!]