CCCP

Decembro 28th, 2008

Peet Neet

Posted by W. Sobchak in Fotografía


Como seica os blogs están a morrer, agora gasto moito tempo no Flickr. Ultimamente gosto dos fotógrafos de rúa, e Peet Neet é un bo exemplo deles

Keep on bloging, ho!

Decembro 15th, 2008

Graham Miller

Posted by W. Sobchak in Fotografía


Había tempo que non gostaba tanto dun portafolio como do de Graham Miller

Decembro 12th, 2008

Juanma Carrillo

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Venho de achar a Web de Juanma Carrillo, e gostei moito do seu traballo. De como amosa a sua intimidade desde un punto de vista estético moi particular.

Decembro 10th, 2008

Cine feito aqui por xente de aqui

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Pois coincide a estrea de flocos.tv [ten moi boa pinta, ainda que o formato ese, estilo redes sociais, non me resulte moi cómodo] con umha época na que devezo por ver umha serie de filmes feitos na Galiza nos últimos tempos, a saber:

Los muertos van deprisa:  As vicisitudes da rodaxe, facían que eu xa vira a peli con simpatía. E  umha vez visto o trailer , creo que pode ser umha comedia divertida de vez. [De feito non podo evitar escachar coa risa coa frase de Manquinha] Ademais podedes aprender cousinhas de cine , no blog que o director Angel de la Cruz, fixo durante a rodaxe , e continua a actualizar na postprodución

La noche que dejo de llover: Eu vinlle varias curtas ao director, e debo confesar que non me chamaran moito a atención.  Mais no obradoiro de sonorización que os de Cinemar fixeron no cultur.gal, empregaron como exemplo un par de escenas dela,  e a cousa ten  boa pinta. Xa levou algún premio , ainda que  algumha xente que a viu non comparta os parabens

Os Crebinsky De por si, sería umha longa que eu quixera ver.  Mais nos últimas semanas estiven en contacto con tanta xente que estivo relacionada coa rodaxe… que xa me tarda vela! En flocos tendes un primeiro adianto

Así que haberá que ir reservando cartos para gastar nas salas de cine… eso sí como dician os outros ” A comer a casa, a comer a la calle”

Decembro 4th, 2008

Eugene Smith en photogalicia

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Continúo a ver o photogalicia deste ano. E tiven a sorte de ver a deliciosa mostra de Eugene Smith na Corunha. Altamente recomendabel. Se xa prestraban ver fotos de Smith en pixel, en papel e nunha parede é umha moi grata experiencia.
E iso, a pesar de que en os da fundación caixa galicia, obriganche a ver a expo en orde inversa a que plantexou a comisaria, e a propia orde cronoloxica. Nunca estivera no sitio ese, e averdade que se respira un tremendo ambiente de ostentación provinciana

Decembro 3rd, 2008

Deixade a nasa en paz!

Posted by W. Sobchak in Outras lerias


Aclaración: penso que carece de sentido facer umha homenaxe a dous individuos que estiveron na cadea por colocar umha bomba no centro da minha vila ( e as comparanzas demagóxicas con outros delincuentes parecenme irrelevantes)

Aclarado o anterior quero dicir que estou arrepiado ante a campanha de acoso que esta a sufrir a Sala Nasa, por parte de los defensores de la libertad (e a súa caravana). E tenho moito medo porque o Excelentisimo Alcalde de Santiago xa ten amosado que cede as chantaxes con moita facilidade.
Retirar a subvención a Nasa (simplemente por alugar o espazo para umha festa) sería condeala ao peche. E iso sería dramático, como ben dixo Mario.  A Nasa é un referente cultural de Compostela, con moitos anos de traxectoria e a día de hoxe o único recuncho das redes alternativas que queda nesta cidade.

E todo esto so un ano despois de que a SGAE abrira o seu glamuroso e inocuo edificio en solo público…

Decembro 1st, 2008

seica o graxo…

Posted by W. Sobchak in Wonderful World

esta  a voar baixo!

Decembro 1st, 2008

Sorpresas

Posted by W. Sobchak in Música


Das boas e das malas:A sexta crucei neveradas para ir ao concerto de los Deltonos. Fun ilusionado xa que na época do “sólido” ofreceronme dos concertos mais merorabeis da minha vida.  Porén desta vez foi decepcionante e mesmo aburrido. Seica agora están totalmente reconvertidos ao country de medio tempo.. e claro eu como que aborrezo esas nhonherías. Menos mal que levantaron un pouco a cousa nos bises

Pola contra o sábado fun a ver aos Dr Gringo. En xunho no rock in costa provocaranme un profundisimo sopor. Por eso levei umha grata sorpresa ao ver que nos garitos pequenos ganhan bastante, e ainda me animei a bailarlle un par de pezas.

Ainda así que conste que gostei mais do grupo de Mr Röever, que por certo vai estar por aquí en decembro co seu proxecto en solitario… non sei se darlle outra oportunidade

[a foto de los deltonos é de txus]