Formularios truculentos

Venho de botar umhas risas en flocos vendo Formularios Truculentos de Jose Díaz. Umha comedia homenaxe ao cinema negro e aos musicais desde umha clave galega.

Venho de botar umhas risas en flocos vendo Formularios Truculentos de Jose Díaz. Umha comedia homenaxe ao cinema negro e aos musicais desde umha clave galega.

Esta finde vimos In Search of a Midnight Kiss e reconcilieime co xénero do cinema independente ianki, que cría extinto. É obvio que non me prestou como cando tinha 17 anos e amaba a música de seattle sobre todas as cousas, mais fixome pasar un bo rato, que é mais do que fan moitas das pelis que vexo acotío. Disfrutei dalgúns dialogos a medio camiño entre Kevin Smith e Tarantino [inda que outros eran histrionicos e pretenciosos de mais], dalguns fermosos planos [ben aproveitado o b/n dixital], do bonito paseo que a peli mos deu pola cidade de L.A. [ao mais puro estilo de como os newyorkers retratan a sua vila], i en rematando quedamos con un poso de optimsmo.
E todo isto por apenas 25.000 $!
Mentres trataba de explicar umha brincadeira a umha luguesa coa que non comparto referentes culturais, achei esta marabila de video!!!
O resultado da fusión das augas, e os licores, de Samil e a praia do Gros

De París trouxen comigo umha descomunal sindrome postvacacional e uns refinados e eternos mocos franceses… poren o que non trouxen, e abofé que estiven moi tentado de facelo, foi un dos fermosos lenzos de Tristan Adelen (mais ainda non descarto unha futura adquisición)

Gostei moito desta pequena pilula de tres minutos de plano secuencia dirixida por Andoni de Carlos Yarza e Asier Urbieta … e logo aos de alí chamanlles «ñoñostiarras»!

Tou recen chegado de París, e coido que non podo aportar nada enriquecedor á infinidade de cousas que se tenhen escrito sobre a cidade. É un lugar moi fermoso, moi grande, moi sobrecolledor, moi frio, moi impresionante, moi oloroso, moi organizado, moi estresante, moi… Paris éche moito
