CCCP

Febreiro 28th, 2009

A votar!

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

Desde o CCCP aproveitamos a xornada de reflexión para pedir encarecidamente que todo quisqui exerza o seu dereito ao voto ( que tanto costou conquerir). Mais aquí non imos facer como nos xornais iankis e nalgun libelo da meseta e solicitar o apoio a alguen en concreto. Siplemente pedimos que votedes. Ao que mais vos preste ou aO que menos noxo vos de. A algún dos  que van quitar escanos ou ao Partido Troskista do Caurel. En branco, nulo ou valido Mais votade por favor!! Porque se a segunda espertamos coa desgraciada nova de que o novo mandamais é o senhorito da mangueira, pois polo menos que sexa con umha alta porcentaxe de voto. Se non será algo moi triste…

Un par de ligazóns relacionadas. aquí o Senhor Pereiro fala do mesmo, mais moito mellor escrito, e aquí outra na que se apela aos baixos instintos.

Keep on voting, meus!

Febreiro 16th, 2009

The nu project

Posted by W. Sobchak in Fotografía


O fotografo da banda de minesota [non sei como sería o xentilicio, minesotenho?] Matt Blum leva tempo retratando a mulleres reais, con corpos reais.   O  resultado é o fermoso The nu project

Febreiro 12th, 2009

Vincent Bousserez

Posted by W. Sobchak in Fotografía


A partires desta imaxe cheguei ao flickr de Vincent Bousseres, e achei un set grande, en cantidade, temática, e ( a ratos)  calidade

Febreiro 11th, 2009

El juego del ahorcado

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais


Houbo umha época, cando comezaba a carreira, que lía moito dirigido por, e deume por escribir furibundas criticas sobre todo canto filme vía no cine (que era bastante). Afortunadamente daquela non había blogs, nin cousas parecidas, así que eses escritos quedaran para sempre no limbo dos disketes de 3 e medio. Co paso do tempo, abandonei a practica, convencido da minha falta de criterio e do pouco que lle podía interesar ao resto da humanidade a minha opinión.  Ademais a vida foime levando a lugares onde comprendo mellor o punto de vista da xente que leva adiante a titánica tarefa de rodar umha película. Así que penso que calquer produto cinematográfico é digno,  salvo que algo me horripile, ou me instale nun profundo sopor.

E chegados aquí, acepto como digna  El juego del ahorcado a pesar de que o guión as veces faise inverosímil, e de que a Manuel Gomez Pereira perdera os papeis por momentos, recurrindo a algo tan soez como os flahbacks en b/n ou se recreara ata o aburrimento en algumha escena de escarceo sexual. Mais en linhas xerais a peli deixase ver, que xa é mérito dabondo, ou non?

Febreiro 10th, 2009

My Blueberry Nights

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais


Procedo a recomendar poderosamente My Blueberry Nigthts.  Por duas sinxelas razóns: grandes actores e fermosisima fotografía

ea!

Febreiro 4th, 2009

Alén do telón de Grelos

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais


Pareceme tremendamente afortunada este expresión coa que o ilustre Martin Pawley explica nesta entevista a necesidade do audiovisual galego de facer productos exportables. Logo, azuzado polo xornalista, carga, entroutras, contra Pradolongo.
Resulta curioso. Eu xa lle lera esta opinión a Pawley en setembro.  Pouco tempo despois escoitei a Ignacio Vilar no OUFF expresar exactamente os mesmos argumentos para defender o seu filme (chegaron a citar referentes semellantes). Así que ambos coinciden en que  o importante é a calidade. Mais a calidade é subxectiva. Pawley aborrece  Pradolongo. Outra xente gosta dela. E quen ten razón.. quen certifica que algo ten calidade? … como dicían os outros ” es un problema de dificil solución…

A min personalmente Pradolongo non me encantou, mais penso que é un producto   digno, con oficio, por riba da media do audiovisual español (o cal non sei se é moito mérito) E ao ter  o plus de estar rodada en galego, goza da minha simpatía. Eu tamén penso que a calidade é importante, mais concordo con Alex de la Iglesia en que non a acadermos por algun talento innanto se non por ter umha industria vertebrada.

[A fermosa imaxe de arriba  e de arinspunk e a modelo… imos deixala no anonimato]

Febreiro 3rd, 2009

Amor en Bruto

Posted by W. Sobchak in Internete

Hoxe, vía podpailán, achei o podcast Amor en Bruto. Eu son superfan do formato, e iste está moi ben feito, así que procedo a súa poderosa recomendación!
…agardemos que DJ Pezunhitas continue amosándonos cousas bonitas por moito tempo