CCCP

Marzo 30th, 2009

O condutor de autobus que quería ser Deus

Posted by W. Sobchak in Livros


Xa dixen  que  a categoría e libros do cccp ten escasa actividade xa que non tenho en moi alta estima o meu criterio literario. Mais tenho de dicir que que ben o pasei lendo O Condutor de autbús que quería ser deus, de Etgar Keret [site oficial, myspace].  Decidín  mercalo  por casualidade. Na libraria achegeime aos libros de Rinoceronte editora da que tanto, e ben, oira falar. Pareceume curioso a oportundade de ler a un autor israelí, para poder fuxir por momentos da visión maniqueista que a día de hoxe temos do seu país.

Comecei  a ler os relatos breves e non puiden parar. Unha autentica delicia. Sinxelos, en fondo e forma (como diciamos no BUP), e fermosos.  Gostei moito da tradución ( ainda que nunca escoitará a expresión “pinar a unha rapaza“]  E de socato, cando cheguei ao último relato A colonia de vacacións de Kneller, descubrin que é no que esta inspirado o filme Wristcutters, algo que xa me comentara Mario no seu momento e que a minha memoria de peixe esquecera.
Hai ben tempo que non disfrutaba tanto coa lectura!

Marzo 24th, 2009

Hard Candy

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais


Estivemos onte o politburo ao completo  a ver Hard Candy de David Slade .  Ven coa pretendida etiqueta “indie” e avalada por a sua presencia en festivais tan senlleiros como Sundance ou Cineuropa. Porén, para min, resultou o típico thriller psicolóxico trampulleiro, de guión feble. Eso si, os amantes do xénero disfurtaran dela, pois abofé que hai momentos de pura tensión. E tamén ten como cousa boa a presencia de  Ellen Page a cativa de Juno, nun rol completamente distinto.

O dvd é unha edición moi coidada, como din os entendidos. Mais ten un making-off que te destripa a peli no primeiro  minuto.  Tades avisados!

Marzo 24th, 2009

Ghost in the Machine de iRI5

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho


E xa que estamos a falar de k7´s , anda estos días pola rede o traballo da norteamericana iRI5 de retratros de artistas con cintas vellas. Ta caralluda a idea!

Marzo 22nd, 2009

k7´s

Posted by W. Sobchak in Música


Que fermosa epoca aquela dos K7´s… e hai que ver como cheguei a esta conclusión:

Seica estos días hai polémica na rede sobre o legado cultural do bipartito e cal vai ser o seu futuro. Eu tenho claro que a Agadic é un inmenso avance sobre a xestión de Pérez Varela. Umha das cousas das que gosto e das súas publicacións. No último (agardemos que non derradeiro) Ao vivo, hai umha reportaxe sobre os 20 anos da gravación do mítico non chas quero dos Diplomaticos de Monte Alto. Abofé que é algo que celebrar. Un par de anos máis tarde andaba eu a cursar BUP e chegou as minhas mans umha TDK co Arroutada pangalaica pola cara A e un directo dos Yelow Pixoliñas pola cara B…a verdade é que flipin, que dirían nas rias baixas.

Tamén daquela, e con aulas de por medio, chegoume  outra cinta, neste caso PDM,  que  un profesor de inglés me gravara un pouco antes co disco dun grupo co que ficara abraiado ao ver un video deles. Agora reeditan o album con unha nova produción. Tou por mercalo.

Debe ser cousa da idade, que ando analóxico estes días…

Marzo 22nd, 2009

We’ll answer Ireland’s call!

Posted by W. Sobchak in Outras lerias


As veces,  moi de cando en cando, o deporte dame alegrías!

Marzo 16th, 2009

Domingo soleado en BCN

Posted by W. Sobchak in Internete


Xa vai tempo que visito berberecho productions, o blogue dun desenhador da banda de Barcelona que ten un talento visual quinindios. E como exemplo, desfutade da sua visión dun domingo soleado

Marzo 14th, 2009

Ide ao cine malditos!

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

A ver a peli de Angel de La Cruz, claro está…

Non son quen de contestar a filosófica pregunta de que é cine galego. Mais tenho claro que un filme onde o 99% do equipo técnico-artístico é galego conta coa minha simpatía

Marzo 11th, 2009

Maratón fotográfico de Valencia

Posted by W. Sobchak in Fotografía


En Valencia organizaron un concurso de fotografía centrado na sua maratón. Xa tenhen colgado no flickr as imaxes finalistas. Haiche cousas curiosas.
A imaxe de arriba é de Susana Escudero

Vía historias de un aprendiz

Marzo 11th, 2009

Fican plazas nos x-men??

Posted by W. Sobchak in Internete


Se W. Sobchak fose un superheroe, sería mais ou menos así…
Proben voçes a facer o seu propio perfil de salvadores da humanidade en THe hero Factory que achei  vía amorizade

Por suposto a BSO non podía ser outra

Marzo 11th, 2009

Ciclo de cine galego en Compostela

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais


Se anda voçe está semana pola capital  da Bayern Spanisch (reloaded) eu non deixaría pasara a oportunidade de ver algo do ciclo de cine galego. O poiltburo do CCCP recomenda especialemte Lister, pronunciado liste [por motivos obvios] , Fronteiras [ porque ten boa pinta] e Campás [xa que Jairo Iglesias é un tipo con talento a esgalla, a cores me remito]

Marzo 10th, 2009

Ricardo Rodriguez Yañez

Posted by W. Sobchak in Fotografía


Hoxe, despois de darlle gasto a Couceiro, metínme a ver Galicia en Foco.  A serie do ourensán Ricardo Rodriguez Yañez foi do que máis gostei.

Tamén está caralluda un primeiro plano dunha xogadora de futebol de Xan Xiadás, mais no seu site non ten nada colgado nesa onda.

Marzo 10th, 2009

Paintéalle, beibe!

Posted by W. Sobchak in Internete


Do creador de arrechejateme chega un novo concurso á rede. [xa de anteamán aclaro que estan excluidos os inadaptados e os exquisitos]

penso que eu vou tentar aplicar o informalismo materico ao paint ese

Marzo 9th, 2009

Galicia salvaxe

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais


O pasado sábado nun zapeo furtivo achei Galicia Salvaxe e adorei! Está realizado por directo producciones e fixeron un traballo caralludo. Excelente fotografía e un gran ritmo narrativo, nada que envexar a reportaxes bbceiras ou nationalgeographeiras.
Xa sabedes, queda poderosamente recomendada

[corre coello, corre!]

Marzo 4th, 2009

A maxia da santa companha

Posted by W. Sobchak in Outras lerias


Seica a maxia da santa companha, o útlimo espectáculo máxico-teatral do Mago Teto é caralludo.
Ou eso dín os que estiveron na sua estrea. Mirade a axenda a ver se vos colle perto. (esta finde estan en ou)

Marzo 3rd, 2009

Mambrú

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais


A mediados dos noventa vin en Metropolis a curta Mambru de Pedro P. Jimenez e fiquei abraiado. De feito umha noite, bastante  bebedo, en Ruta asaltei ao curtametraxista galego que triunfaba daquela e acabamos os dous adorando esta pequena xoia dos 35 mm.   Eu tinhaa gravada numha cinta de VHS que se extraviou diossabedonde. A semana pasada achei, con grande alegria, que alguen a dixitalizara ( con raias do plus engadidas) e a subiu en duas partes ao tubo.
Sigue a prestar [e de Pedro P. Jimenez nunca mais se soubo nada…]

Páxina seguinte »