
Aconteceu que o día da mani eu estaba nunha debida visita a uns bos amigos nun fermoso lugar onde os adolescentes falan a lingua de seu. Mais iso non quere dicir que eu non estea concienciado co tema. Moi ao contrario estouno mais ca nunca.
Eu non son sociolingüista, e carezo de nengunha formación ao respecto. Mais tenho ollos e oídos. E hai tempo que asumín que isto non ten solución. Os falantes de galego caminhamos xuntinhos da man cara a extinción. E hai moitos, moitisimos, factores culpabeis. Mais tampouco podemos esquecer que o conxunto da sociedade galega ten boa parte de responsabilidade. Onte escoitaballe a Carlos Santiago falar do suicudio ou autoliquidación da cultura galega. Concordo ao cento por cento
Ante esta situación hai varias actitudes posibeis. De boas a primeiras ocórreseme a depresión [máis que xustificada] Por suposto tamén está a carraxe. É lexitima, e máis tendo en conta que seica hai xente que devece por practicar unha eutanasia anticipada a nosa lingua. Mais eu non penso que ese sexa o cámino [polo menos non é o meu]
Ta recente a aclamación popular de Belen Regueira como heroina polo seu speech na gala do audiovisual . Coido que o que mais marabillou foi» o positivismo«. A defensa da lingua desde posicións constructivas [coa que está a caer..]. Eu escollo esa opción. E quero ir máis ala. Pode que o galego este condeado irremediablemente. Mais se ten de desaparecer que o faga con máis dignidade que nunca. As linguas estan para falar, para comunicar, para crear… Pois este é o tempo para crear cousas fermosas, para facer da nosa lingua unha vangarda creativa. E que os repunantes ouveen na sua lingua, que a convirtan nun instrumento de destrucción [que mira que é algo feo no que convertir algo tan fermoso como un idioma]
E quero engadir que de existir algunha esperanza está na sociedade civil. Pero na sociedade civil real, non na infiltrada por organizacións políticas. Canto antes saia a lingua da suxa lea política mais tempo sobrevivirá. A esperanza somos cada un de nos, como cidadáns, e cada unha das nosas actitudes vitais
E pouco máis meus, falemos galego, escibramos galego, cantemos galego… disfrutemos do galego… e fuxamos da amabilidade lingüistica que nos ten levado ate aquí.
[ E para rematar o post , esta vai de despedida : unha fermosa peza e un fermoso filme .
a imaxe de arriba é de Ninha Morandini]