Maio 29th, 2009

Manuel López, fotoxornalista

Posted by W. Sobchak in Fotografía


Numha nova proba de que o CCCP pode ser de todo  menos un referente de actualidade, venho de descubrir unha instersante  mostra que leva 3 anos circulando por Galiza, cando está en Ortigueira que será a súaa derradeira parada no país.

Trátase dumha homenaxe aos 40 anos de profesión (1966-2006) de Manuel López. López é un fotografo da banda de Boimorto que de mozo emigrou a Alemanha, para voltar formado a Madrid  onde desenvolveu case toda a sua carreira no eido do fotoxornalismo. A día de hoxe é director da revista Foto.  Predomina o fotoxornalismo político mais con un considerabel  criterio estético.  E tamén hai algunhas  mostras de fotografia documental que son pequenas xoias.  Sen dúbida o mellor da sua obra… para min claro está

Comments are closed.

Sentímoscho, o formulario de comentarios está pechado neste momento.


Creative Commons License
O CCCP é um blogue
Creative Commons.