CCCP

Xuño 23rd, 2009

Walter Astrada

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Walter Astrada é un fotoxornalista da banda de Buenos Aires. O seu traballo non é doado de ver, mais as suas imaxes son boas de vez.


Xuño 22nd, 2009

Portfolios en Domestika

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Domestika era un foro de desenhadores ao que acodía decote, numha vida anterior, para paliar as minhas innumerabeis eivas profesionais. Nel, entroutras cousas,  achaba axuda, moito talento e umha hiperinflacción de egos.
Onte descubrin que a o proxecto medrou máis alo do balbordo dun foro. Das novas cousas recomedo os portfolios onde de seguro que atoparedes cousas bonitas coas que desfrutar

Xuño 22nd, 2009

Desconectado

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

a inactividade do blogue non é porque ande noutras angueiras.  É culpa do averno ouresano e dun catarro estival que me  tenhen compleatamente desconectado…

[a imaxe é de a3r]

Xuño 15th, 2009

Rock en costa: Umha crónica

Posted by W. Sobchak in Música


Afortunadamente  a minha vida policoastal permitiume asistir ao rock en costa, que este ano foi mais a nivel que nunca xa que se celebrou no Centro Socio Cultural do Castinheirniho [o campo da festa estaba ocupado por a Chastón ]. E digo afortunadamente porque abofé que foi umha experiencia baril.

Tenho de confesar que chegamos  un pouco tarde, porque para ir  ao Castinheirnho , hai que pasar polo Paxonal. E alá está  Casa Miguel, e non nos quedou outra que parar a tomarlle un churrasco. A min prestoume aínda que  a sección lugoslava da nosa expedición semella que non quedou moi satisfeita

Así que chegamos cando os Minapolaris estaban case a rematar. Non os conhecía e  descubrín  que facían un máis que digno hard rock Un de Covas que vinha comigo dixo que eran demasiado Hellacopters. Xuzgade vos mesmos.  A min pareceume que soaban ben. E iso xa foi o primeiro que me chamou a atención , o ben que soaba todo . A parte a sala estaba ateigada, e o rango de idade era amplo de vez [ o cal era de agradecer xa que as veces semella que en Compostela apenas gostamos do rock os máis vedranhos]

Sairon despois os Royalties. É dicir , Rock &roll.  Xa os vira antes, mais nunca con un público tan entregado e iso axudou. O seu cantante Sony ten moitas táboas e soubo aproveitalo.  Fixeron umha potentísima primeira parte de concerto, con colofón do hit automático coreada por toda  a concurrencia. Logo pasaron a presentar o seu novo E.P.  e tocaron temas cun par de convidados [ mais umha guitarra e umha trompeta]. Se cadra foi polo exceso de medios tempos, pero para min que aí baixaron un chisco o nivel. Ainda que outravolta os lugoslavos non concordaron e eles  gostaron máis desta parte.

E logo foi o turno dos Novedades Carminha que presentaban vinilo, con pezas novas e non tan novas. Ainda que hai xente que di o contrario, os Novedades beben directamente  do espirito dos primeiros S.T. O seu concerto foi como asulagarse no espirito dos oitenta en Vigo. Foi todo un espectáculo ver o pogo colectivo que montaron os máis novos do local  nas primeiras filas. E ben certo que eu non disfrutei tanto como outras veces, porque un concerto dos Carminha é para involucrarse a tope nel e eu xa non tenho folgos para estar tan adiante en semellante punkarrada. Seguen a ter actittude de sobra, e iso é importante.

E actitude tamén tenhen os Green Machine. Actitude e calidade a esgalla. Os de Barcelos pecharon o festival con un concerto caralludo que fixo que os de tinta e tantos acabaramos montando unha similar  á  que vinhan de facer os cativos.  Tres músicos espectaculares e un cantante que é todo un frontman. Un tipo que aparte e cantar e capaz de ofrecer  unha poderosa proposta escénica . Se en La Iguana déralle por gabear polas paredes eiqui marchou a rúa co micro, e realmente pasou máis tempo fora que dentro do escenario [Aquí tedes un par de vídeos]

E despois de todo esta intensidade, non me quedou outra que ir durmir  que  xa se sabe que os líderes do CCCP sempre foron dinosaurios sen enerxia

[na imaxe Carlangas, o impresentabel cantante dos Novedades, fotografado por trivia]

Xuño 15th, 2009

As linguas suman +

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

aslinguasuman
O politburo do CCCP roga encarecidamente que espalledes o máximo posibel o díptico elaborado polas coordinadora das equipas de normalización lingüística ante a [xa decidida] eliminación do galego como lingua vehicular no ensino.

Máis que nunca compre difundilo, porque ainda por riba queren censurarnos

Que circule  ho [que asulague mails, feisbuks, e similares] que centos de anos de historia ben merecen un par de clicks!

Xuño 11th, 2009

Para non estoxar co aburrimento…

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

…este  sábado  haiche moitas opcións!

Se andas pola banda de Compostela,  a xente da Xurásica organizan mais umha edición do Rock en Costa, desta volta  cos Green Machine, os Royalties , os Minapolaris, os   e os inconmensurabeis  Novedades Carminha que andan a estrear disco [ na imaxe o cartaz que é un desenho de logoferoz]

Se andas mais ao norte, pola banda de Trasancos , en Ferrol celebrarnse as Olimpiadas de Esteiro onde poderedes disfrutar con deportes tradicionais como a chave ou a billarda

E se andades polo sur,  por suposto está o boi en Allariz.

E mil e umha cousas máis que son imposibeis de abranguer neste humilde blogue…. [ e ademáis seica non vai chover]

Xuño 9th, 2009

Peter Granser

Posted by W. Sobchak in Fotografía


Amnaha é 40 de maio e xa vai sendo hora de pensar na praia… e para comezar que mellor que a praia da Capital do mundo, Coney Island vista polo austríaco Peter Gransel

[que conste que un coleguita que tenho por alí di que a praia do Bronx é moitisimo mellor]

Xuño 9th, 2009

Aí ven o boi!

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

pois iso… correde a Allariz!

[a imaxe é de fedecar]

Xuño 8th, 2009

Quedamos nesa praza

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais, Música

[gv data=”acDykO4XobQ” width=”450″ height=”350″][/gv]

Se metín eiquí o video do porco, con máis motivo terei que picar o video dos Som do Galpom. Ta feito pola xente de verbe audiovisual , que rizan o rizo e fan dobre  o stop motion.

Semella que a banda da Moninha fixo un disco caralludo. Lembro que os vira nun par de magostos hai 3 anos, cando ainda non tinhan batería. Eran divertidos. Mais a evolución que tiveron nestes anos é espectacular  [ a única pega é que esta peza lembrame a despedida de  Xurxo]

Xuño 8th, 2009

A tua peli favorita en Utopía

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Se andades pola banda de Vigo todas as quitnas feiras tedes umha interesante proposta no Cineclube Utopía. Seica cada semana pasada umha persoa diferente presentara o seu filme favorito nun breve coloquio antes da proxección.  E todo esto baixo o poderoso lema de “Só o consumo individual e o egoísmo son delito

Xuño 8th, 2009

Elkie Vanstiphout

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Está o día como para apenas  pensar en cousas bonitas, e as fotos de Elkie Vanstiphout son bonitas de vez

vía intenta

Xuño 7th, 2009

R£U

Posted by W. Sobchak in Fotografía


Achei umha fermosa  visión do mundo no flickr de R£U

[e o da imaxenería cccpeira non ten nada que ver…  ou si…]

Xuño 7th, 2009

A Esmorga

Posted by W. Sobchak in Livros


Por iso de aprofundizar no ourensanismo deume por coller da estantería A Esmorga de Blanco Amor que lera en COU [xa choveu...]
Apenas  podo dicir que redescubrín  un libro caralludo, impresionante, que me fixo desfrutar de vez. Así que recomendo a todo o mundo que non o lera, ou que o tenha medio esquecido coma min, que proceda a súa inmediata leitura.
Ademais das suas numerosas virtudes narrativas, gostei en especial do seu galego. Esta escrito en dialecto ourensano [con algun que outro catalanismo ?] e cheio dun vocabulario vizoso [non tenho eu moi claro que a excesiva normativización da literatura sexa positiva]
Despois desta placentera experiencia coido que vou voltar decote aos nosos escritores vedranhos!

[ a imaxe é de Brocco Lee tirada no roteiro de A esmorga]

Xuño 7th, 2009

Lingualoxía

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais, Internete

[gv data=”cS49KbANqv0″ width=”450″ height=”350″][/gv]

Vía Cabranafada descubro Lingualoxía que é un pequeno  documental sobre a situación do galego en Pontevedra realizado por alumnas da minha exfacultade,  suponho que como traballo para algumha asignatura

 A pesares da falta de medios e de que se nota un chisco a falta de experiencia na montaxe [ arte nada doada, que xa dicía o outro que é a forza creativa da arte cinematográfica]  o resultado é bastante baril.
Ademáis  tamén considero interesante botarlle umha vista de ollos ,  porque nos deixa  ver a opinión da xente común sobre o tema ,e maís se temos en conta que as directoras non son galegofalantes   [ou polo menos non o son os blogues delas] Sempre ta ben ver como respira a rúa. De todolos xeitos compre ter en conta que todo esto foi gravado antes de que comezara a actual caza de bruxas.

Xuño 5th, 2009

Delmi Alvarez

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Delmi Álvarez é un fotoxornalista da banda de Vigo, con unha intensa biografia e que seica anda metido en mil e un proxctos interesantes

Páxina seguinte »