xuño 2nd, 2009

Ghaiteiro!

Posted by W. Sobchak in Outras lerias


Non vou negar que son admirador do Xurxo Souto escritor e músico. Mais hoxe, día do seu cese, é hora de falar do Xurxo Souto  profesional da radio.

Conhezo ben a Radio Galega, xa que pasei alí algo máis de dous anos a currar. E daquela  [que volta a ser un agora] detestaba o seu modelo de radio, caduco e indefinido.  A chegada de Xurxo [eu xa levaba anos fora] supuxo umha mudanza radical, cara umha radio moderna, viva e que por fin facía honra ao seu apelido. Eu persoalmente so podo ter palabras de agradecemento por terme permitido desfutar de cousas tan bonitas como A boca do noite,  Mil ribeiras e a primeira temporada do Extrarradio.

Mención especial merece Aberto por reformas. Por primeira vez en moitos anos toda a creatividade que agroma a reo neste pais dos quincemil ghaiteiros e ghaiteiras  tivo un  poderoso altofalante  Puidemos descubir que Xurxo tinha razón e ficar abraiados con todo o talento que hai  en todos os currunchos deste esquina  do fin do mundo que se chama Galiza.  Abofe que foi umha cousa bonita que mete medo! E onte partiu para sempre...

Hoxe o locutor que o substituiu comezou á  defensiva coa audiencia do programa [ nunca tal oíra ] e comezou o programa con outro rapaz de aí ao lado…[ un que sería imposibel escoitar en calqueira outra radio, que para esto esta a radio pública].  Abofé que é toda unha declaración de principios.  En fin podería rosmar un pouco máis, pero sería luxar un post que pretende ser umha pequena homenaxe ao bo de Labanhou…apenas podo dicir:

XURXO SOUTO GHAITEIRO!!!!

9 Responses to ' Ghaiteiro! '

Subscribe to comments with RSS

  1. zimmer103 said,
    on xuño 2nd, 2009 at 11:09 pm

    pechado por reformas…

  2. arinspunk said,
    on xuño 3rd, 2009 at 9:00 am

    Com a mudança (demoliçom) da RG alomenos já nom terei de ouvir a meu pai isso do mal que colocam os pronomes os locutores, vou enviar-lhes umha carta exigindo-lhes um curso de reciclagem, porque eu quando trabalhava tinha cursos de melhora que se nom superava bla bla bla… Nom porque a situaçom vai melhorar, senom porque meu pai deixará de ouvir a RG.

    hehe

    Lá vai o parêntese de quatro anos…

    Obrigado Xurxinho, dum fan teu já desde a Tropa da Tralla na Ser Coruña, que nom sei porque caralho se ouvia nas Pontes.

  3. Tati Mancebo said,
    on xuño 3rd, 2009 at 6:34 pm

    Ghaiteiro!!!!!
    E digo eu, non poderiamos facer a través de Internet a radio que queremos? Pregúntome se, do mesmo modo que xa hai unha chea de xente que di estar disposta a asumir os custos económicos dunha educación privada en galego (aposto que malia seren a maioría defensores da educación pública), non seriamos quen de facer a cultura que queremos aproveitando os baixísimos custos técnicos que hoxendía supón. Só deberiamos ser os suficientes e organizarnos ben, non?

  4. nando said,
    on xuño 3rd, 2009 at 9:16 pm

    empezamos (decia feijoo non) digo que non deberiamos deixar pasar isto sen facer ruido, non poden chegar e veña todo fora, ahi que montala e ben, coño, e os grupos todos? a xente que escoitabamos o programa? ala a tomar polo cu non? hai que montala non pode pasar isto sen ruido.

    por certo tati a idea esa e algo que levo tempo nos miolos… e ben sinxelo, e organizando ben…

  5. W. Sobchak said,
    on xuño 3rd, 2009 at 11:08 pm

    @tati e @nando se estades a falar de unha rede social de podcasts estaríamos a falar de sociedade civil organizada. Se queremos podemos, abofé
    Se pola contra falamos de montar unha radio, na que houbera “profesionais” contratados xa vexo máis complicada a sua viabilidade económica.
    De todolos xeitos eu estaría encantado de apoiar calqueira das posibiliades

  6. nando said,
    on xuño 5th, 2009 at 11:08 pm

    W.Sobchak boas,a idea e unha rede social pero empezemos amodiño, porque hai que sacar horas libres debaixo das pedras, compenetrar horarios creo que seria a clave, sacando programas dende a casa e con o teu horario… levo tempo pensando nesto pero falta xente, tempo… i alguen posto nesto mais ca min(aforraria moito tempo no principio) pero vexo factible o prollecto. pensa as posibilidades…

  7. nando said,
    on xuño 5th, 2009 at 11:30 pm

    `por certo tremendo festival preparase en coruña para fin de mes, Skacha, Skárnio, O Sonoro Maxín, Dios Ke Te Crew, Som do Galpom, Ulträqäns, NAO, Dandy Fever, Lamatumbá, Taru e Os Paxaros Coiro, Galegoz, A Ghran Treboada e os míticos Rastreros… e inda hai mais, pero non macordo.

  8. W. Sobchak said,
    on xuño 7th, 2009 at 2:41 pm

    @nando pois todo é cuestión de organizarse… Eu tou disposto a traballar, así que non dubidedes en contar comigo se a cousa comeza a moverse

  9. Tati Mancebo said,
    on xuño 14th, 2009 at 10:56 pm

    Ups, non é que tire a pedra e agache a man, mais non me subscribira aos comentarios e pasóuseme voltar até hoxe. Agora xa o fago e sigo o fío: en Blogaliza levamos un tempiño dándolles voltas a unhas cantas posibilidades e cada día que pasa vémolas con máis sentido mais aínda non podo adiantar nada. Por outra banda, estamos abertos a botar unha man nas propostas da xente, sempre a sumar.

Deixar unha resposta

:mrgreen: :neutral: :twisted: :shock: :smile: :???: :cool: :evil: :grin: :oops: :razz: :roll: :wink: :cry: :eek: :lol: :mad: :sad:


Creative Commons License
O CCCP é um blogue
Creative Commons.