Xuño 4th, 2009

Bandera, bandera

Posted by W. Sobchak in Outras lerias


Humildemente quería cometralle ao hominho este que apresenta o alberto por reformas   [ vía komunikando]que se cadra a da matraca non é a mellor sintonía para o seu programa de selo persoal , se cadra sería mais acaida a peza de Tony Lomba bandera, bandera  [arriba ao vivo, aquí en estudio]…  digo eu…

Xuño 4th, 2009

Made in Galiza

Posted by W. Sobchak in Livros


Acabo de ler Made in Galiza de Sechu Sende, e seica debía ser dos poucos leitores de galego que ainda non o fixera pois xa vai pola sexta edición

Coa que esta a caer e co sensibilizado que ando foi como ler un manual de autoaxuda. Mais un manual asulagado de pequenas xoias, algumhas  fermosas, outros retranqueiras, outros cheias de sentidinho pero  todas engarzados dentro dun relato global trezand0 a eito.

Non sei como será a lectura de este libro para os castelán-falantes.  Presumo[ polas altas vendas e por cousas que acho en internet ] que o libro esta a ser recomendado en secundaria.  Agardo que sirva para reforzar a lingua de moz@s en fase de desgaleguizarse e por suposto para acadar algún neofalante.  Pois como ben dixo[ máis umha vez] Belen Regueira, Galiza será neofalante ou non sera (galegofalante)

Como xa reivindicara a difunta Va-Ca [resurrección xa!] temos que sentir orgullo dos neofalantes… e de paso facerlle fronte aos repunantes dos neopailáns 

[Por certo a grandiosa portada do libro é de Pancho Lapeña e so por ela estivera a piques de mercalo hai un ano e pico na sargadelos de Ferrol, mais como estaban en plena fase de acoso a Isaac prefirin non darlles gasto]

Xuño 3rd, 2009

Los Cronocrímenes

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais


Antonte vimos Los cronocrímenes que é a ópera prima de Nacho Vigalondo, a.k.a. o raparigo  de 7:35 de la mañana…  E xa me fodeu tardar tanto en vela, mais abofé que foi imposibel ir mirala ao cine por estes sitos nos que habito.

O filme é todo un exemplo a seguir. Un guión traballado, catro actores , poucas localizacións máis , un director que sabe contar as cousas con xeito e xa tes unha peli máis que digna. E todo dentro do cine de xénero , neste caso ciencia ficción, que xa tenho dito que penso que umha das máis itneresantes vías de futuro que ten o cinema deporaki para chegar a outros mundos

O que é unha vergonza é o da distribución.  Xa dixen que eu non puiden ir vela á pantalla grande. E de seguro que boa parte da xuizosa audiencia do CCCP non tería problemas en pagar umha cifra razoabel [ 1 ouro por exemplo] para descarregala en streaming en  HD… máis de momento esa opción tamén é ciencia ficción. Ainda que semella que o novo director da Academia de Cine vai tentar ir por eses derroteiros  [ vai ser interesante de vez  ver a xestión de Mr de la Iglesia]

Para rematar, aquí tendes umha crítica mais ou menos xeitosa [ a crítica non é umha ciencia exacta]

Xuño 2nd, 2009

Ghaiteiro!

Posted by W. Sobchak in Outras lerias


Non vou negar que son admirador do Xurxo Souto escritor e músico. Mais hoxe, día do seu cese, é hora de falar do Xurxo Souto  profesional da radio.

Conhezo ben a Radio Galega, xa que pasei alí algo máis de dous anos a currar. E daquela  [que volta a ser un agora] detestaba o seu modelo de radio, caduco e indefinido.  A chegada de Xurxo [eu xa levaba anos fora] supuxo umha mudanza radical, cara umha radio moderna, viva e que por fin facía honra ao seu apelido. Eu persoalmente so podo ter palabras de agradecemento por terme permitido desfutar de cousas tan bonitas como A boca do noite,  Mil ribeiras e a primeira temporada do Extrarradio.

Mención especial merece Aberto por reformas. Por primeira vez en moitos anos toda a creatividade que agroma a reo neste pais dos quincemil ghaiteiros e ghaiteiras  tivo un  poderoso altofalante  Puidemos descubir que Xurxo tinha razón e ficar abraiados con todo o talento que hai  en todos os currunchos deste esquina  do fin do mundo que se chama Galiza.  Abofe que foi umha cousa bonita que mete medo! E onte partiu para sempre...

Hoxe o locutor que o substituiu comezou á  defensiva coa audiencia do programa [ nunca tal oíra ] e comezou o programa con outro rapaz de aí ao lado…[ un que sería imposibel escoitar en calqueira outra radio, que para esto esta a radio pública].  Abofé que é toda unha declaración de principios.  En fin podería rosmar un pouco máis, pero sería luxar un post que pretende ser umha pequena homenaxe ao bo de Labanhou…apenas podo dicir:

XURXO SOUTO GHAITEIRO!!!!

« Páxina anterior

Creative Commons License
O CCCP é um blogue
Creative Commons.